Inauguramos o club de lectura con Vaiche boa! de Paul Jennings, un libro de oito historias disparatadas nas que predomina o humor e a fantasía, e que nos permitiu reflexionar sobre temas como a envexa, o acoso escolar, as supersticións, o engano e as consecuencias deste, a defensa do patrimonio propio... Esta lectura engaiolou ao alumnado, pareceulles moi divertida, chea de cousas politicamente incorrectas e escatolóxicas que os/as engancharon e lles facía rir moito. Loxicamente, como en todo libro de relatos, cadaquén tiña as súas preferencias á hora de sinalar cales lles gustaron máis ou menos.
Rematamos a primeira avaliación presentándolles o libro aos outros grupos do Club de Lectura Baiolendo, mentres compartiamos uns piscolabis para facer grupo cos todos e todas.