"O enigma de Sempreviva" asolaga de maxia, misterio e sensibilidade do club de lectura de 1º de ESO

 




    O alumnado de 1º de ESO acaba de pechar as páxinas de O enigma de Sempreviva, a conmovedora novela de Andrea Maceiras, o resultado non puido ser máis emocionante. O que comezou como a lectura dun misterio converteuse nunha viaxe inesquecible chea de aprendizaxes, sensibilidade e respecto pola natureza que transformou as nosas reunións nun espazo máxico.
    A capacidade da autora para conectar coa xuventude a través dunha prosa poética e coidada fixo que os rapaces e rapazas se mergullasen de cheo na trama. Ver a emoción nos seus ollos e escoitar as súas teorías sobre os segredos que agocha a obra foi o mellor testemuño do poder da literatura para mover corazóns.
    O misterio mantivo o grupo engaiolado e desexoso de compartir as súas hipóteses en cada reunión espertando unha fermosa conciencia ecolóxica e un respecto fondo polas nosas orixes e a contorna. Debatemos intensamente sobre a importancia da amizade, a memoria, a empatía e a superación persoal e descubrimos que ler no club de lectura une, crea lazos e fainos medrar xuntos a través das palabras.
     Coma a propia flor de sempreviva, o amor polos libros que naceu nesta aventura permanecerá sempre vivo nos nosos novos lectores. Grazas a Andrea Maceiras por agasallarnos unha historia con tanta alma!






PODCAST SOBRE A IGUALDADE

 Con motivo da celebración do Día da Muller, realizamos unha serie de podcasts con Verónica Couto, onde o alumnado de 1º de Bacharelato se iniciou no mundo da radio.

Realizaron 4 podcasts sobre a igualdade:

PODCAST 1

PODCAST 2

PODCAST 3

PODCAST 4



MARÍA ORUÑA PRÓXIMAMENTE NO CLUB DE LECTURA

 


A filla do ladrón de bicicletas de Teresa González Costa



    Obra que combina aventura e emoción cunha historia familiar chea de sensibilidade. O alumnado mostrou interese polo desenvolvemento da trama e polos valores que transmite, como a superación, a importancia da familia e a procura da propia identidade. A lectura permitiu tamén achegarse a referencias culturais e históricas.

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Con motivo do Día de Rosalía, o noso instituto convida a toda a Comunidade Educativa a visitar durante esta semana a exposición “ROSALÍA: proclamar ao mundo que Galiza existe”, unha mostra que nos achega á figura universal de Rosalía de Castro desde unha perspectiva rigorosa, didáctica e actual.

A exposición, cedida pola Deputación da Coruña, composta por 20 paneis con textos de Francisco Rodríguez, conxuga tres aspectos determinantes para coñecer e valorar, da forma máis acaída, a figura e a obra da nosa autora máis emblemática:
A súa biografía, presentada a través dunha narrativa cronolóxica que nos permite seguir os momentos clave da súa vida.
O contexto histórico e socio-cultural no que se desenvolve a súa traxectoria vital e literaria.
A orientación, o sentido e a vixencia da súa obra, salientando a súa dimensión social, identitaria e literaria, e tratando de espertar o interese pola súa lectura a partir de pequenos textos da autora que convidan á reflexión.
Os textos informativos de cada panel van acompañados de ilustracións de distinto tipo —realistas ou imaxinativas— vinculadas á súa biografía, ao seu tempo histórico e aos grandes temas que percorren a súa produción literaria, en consonancia coa información ofrecida.
Esta mostra é unha oportunidade para afondar na figura dunha autora que proclamou ao mundo que Galiza existe, que dignificou a nosa lingua e que continúa a ser referente cultural e símbolo de identidade. Convidamos a alumnado, profesorado e familias a achegarse á exposición e a redescubrir a forza e actualidade da súa palabra.












MURAL DÍA DE ROSALÍA

 


CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

 Aquí deixamos testemuño da participación do alumnado e profesorado nas actividades do entroido. 

O alumnado colaborou nas tarefas de decoración  da biblioteca con adornos característicos do entroido. Ó longo da semana tanto boa parte do alumnado coma do profesorado foron cumprindo os mandados do entroido, que este ano consistiron en vir ó centro disfrazados con pixama, de deportistas, elegantes, de macarras ou de calquera cuestión relacionada coa Música.
























EXPERIMENTOS POLO DÍA DA NENA CIENCIA NA BIBLIO

 Hoxe o alumnado realizou un experiemnto máxico cunha laranxa na Biblioteca para celebrar o Día da Nena na Ciencia.




PODCAST SOBRE O ENTROIDO

 Con motivo da celebración do Entroido, a nosa alumna de 4º de ESO, Sabela Nogueira entrevistou ao especialista en máscaras de Entroido, Xosé Manuel Seixas, que veu ao noso centro realizar un obradoiro.

Preme no link para escoitar a entrevista realizda na Radio:

PODCAST ENTROIDO



MAICA GORGAL VISITA O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Hoxe, 2 de febrero, Maica Gorgal visitou o Club de lectura de adultos para presentarnos a súa obra A casa da mina.

Trátase dunha espléndida novela ambientada na Galicia mineira da posguerra, en concreto na mina de Varilongo que temos aquí cerca, en Santa Comba, unha mina á que foi traballar moita xente da comarca durante a ditadura franquista.
Estamos ante unha historia de amor, supervivencia, segredos, dureza, pobreza e guerra; unha lectura emocionante que aconsellamos ler e na que se combina realidade e ficción e que representa os sacrificios que esixe o amor en tempos difíciles.
Moitas grazas Maica por achegarte ao noso centro e compartir esta novela que segundo as túas propias palabras fixeches para “preservar a memoria dos teus avós”.