Encontro de Correspondentes Xuvenís

 Encontro de Correspondentes Xuvenís

18 Dec 2023

Publicado en En portada

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou no Encontro de Correspondentes Xuvenís celebrado en Mondariz-Balneario, en Bergondo e en Allariz.

 


    Destaca a implicación de alumnado e profesorado neste programa, no que actúan como difusores de axudas, iniciativas e actividades de interese nos seus centros de ensino.

    Arredor de 270 estudantes dunha trintena de centros se dan cita, en horario de mañá e tarde, nestes encontros de carácter formativo, que se celebran no Complexo CEMAR de Mondariz-Balenario e nos albergues xuvenís de Allariz e Mariña Española en Bergondo.

    Cristina Pichel agradeceu a implicación de alumnos e profesores neste programa, e destacou tanto o labor informativo como de dinamización do día a día que realizan nos seus centros. Ao respecto, puxo en valor a importancia dos ‘correspondentes xuvenís’ para achegar aos seus compañeiros e amigos toda a información que lles interesa e que lles é de utilidade.

   A directora xeral destacou que o programa Correspondentes Xuvenís é tamén unha ferramenta para mellorar as habilidades comunicativas e sociais da xente nova, favorece que asuman responsabilidades e potencia valores como a colaboración ou o liderado. Ademais, aos alumnos que fan nos seus centros de ‘correspondentes’ recoñéceselles a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.

    O programa dos encontros de incluiu formación no manexo de redes sociais, comunicación, oratoria, e a desinformación e a intelixencia artificial. Así mesmo, os participantes tiveron que preparar unha exposición para expoñer en público.