Esta mañá tivemos a ocasión de abrir unha ventana ao pasado para que nos ilumine e nos permita comprender o presente. Esta pode ser unha síntese xeral do que Cari Camarero nos amosa na súa obra Coralia e Maruxa, un libro que, a través da historia das irmás Fandiño, contribúe a dignificar e reivindicar a historia de todas as persoas que foron represaliadas, silenciadas e vexadas polo franquismo, persoas que sufriron a limitación de todas as liberdades persoais e sociais.
CARI PRESÉNTANOS O SEU LIBRO CORALIA E MARUXA
25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
A violencia de xénero segue a ser unha das violaciones dos dereitos humanos máis extendidos e xeneralizados do mundo. Calcúlase que, a nivel global, case unha de cada tres mulleres foron vítimas de violencia física e/ou sexual a lo menos unha vez na súa vida.
Da palabra ao pincel: o proceso artístico do Club de Lectura de 1º de ESO con «Erin e o lobo»
O Club de Lectura de 1º de ESO pechou as páxinas de Erin e o lobo, a emocionante novela de Érica Esmorís, cunha experiencia que superou os límites da lectura tradicional. Tras viaxar polas súas páxinas e compartir as impresións , o club quixo inmortalizar a viaxe dunha forma moi especial. Inspirados polo gran protagonista peludo da historia, os rapaces e rapazas puxeron mans á obra para crear un lobo xigante de cartón que servise como escenario para a súa foto artística final.
Este proxecto colaborativo foi unha auténtica viaxe de creatividade e traballo en equipo onde o alumnado seguiu con entusiasmo cada unha das fases do proceso de creación:Así cobrou vida o noso lobo:
- O debuxo inicial: O proceso comezou cun gran cartón limpo sobre a parede. Entre todos, os alumnos debuxaron as liñas mestras e a silueta do lobo
- A maxia da pintura: Co deseño listo, chegou o momento de encher de cor. Organizados por quendas e compartindo paletas, os rapaces aplicaron as diferentes capas de pintura. Combinaron tons, luces e sombras con moito agarimo para darlle textura ao pelame e unha mirada chea de vida.
- O recorte de precisión: Unha vez que a pintura secou, as tesoiras e os cúteres entraron en acción. Baixo a supervisión necesaria, recortouse con moito coidado o contorno da figura.
- A obra final e a foto artística: O resultado é, sinxelamente, espectacular. O gran lobo de cartón presidiu a nosa sesión final e converteuse no acompañante ideal para a nosa foto artística de grupo, deixando un recordo imborrable deste curso.
FERNANDO CASTRO PRESENTA O SEU LIBRO O LANZADOR DE COITELOS NO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS BAIOLENDO
Hoxe, o profesor de Lingua e Literatura Castelá Fernando Castro presentounos o seu libro O lanzador de coitelos, Premio Galaxia 2025.


















