SAMAÍN NA BIBLIOTECA



O mércores 31 de outubro celebramos un ano máis  o tradicional Samaín na Biblioteca do Instituto. Este ano contamos cuns contacontos moi especiais: alumnos do Club de Lectura de 1º e de 2º da ESO. Foron eles os que amenizaron e aterrorizaron nesta xornada tan especial, e fixeron gozar dunha velada de relatos ao redor do Samaín, da morte, do medo, do alén... a todo o alumnado de 1º e 2º da ESO.

Nun primeiro momento leron tres albums ilustrados: O noso Samaín, Jack e a morte e, Dip, máis alá da escuridade; e despois estívose traballando a oralidade contando contos de tradición popular sobre esta temática tan nosa.





Tamén contamos cunha exposición de fondos relacionados con este día que todos puidemos ollar na entrada do Centro.





24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares




ENCONTRO LITERARIO CON LOLA RONTANO

O mércores 23 de outubro a profesora de Francés do IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas) Lola Rontano, presentou perante o alumnado de 1º de Bacharelato o libro Austroatlántica, obra coa que gañou o XXX Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lengua Castellana, 2018. O venres 25 de outubro fará a súa presentación co alumnado de 2º de Bacharelato, en horario de 10:45-11:35 horas.
Dende o IES Maximino Romero de Lema transmitímoslle os nosos parabéns e animámola a seguir nesta senda de éxito.























24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro na Biblioteca do Instituto conmemoramos o día das Bibliotecas Escolares baixo o lema: Bibliotecas Escolares. Viveiro de cidadanía cun obradoiro dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO a cargo da Libraría AENEA de Santiago, onde Lola se encargou de acercarnos dun xeito moi ameno ao mundo dos libros.










TERROR MATEMÁTICO





💀


Parece que o Samaín xa chegou ao noso Centro! 

Esta vez a abrímoslle as portas a esta celebración coa exposición "Terror Matemático", iniciativa do Departamento de Matemáticas e do alumnado de 4º da ESO.

Neste taboleiro atopamos diferentes temas matemáticos:


  • Unha cinta de Möbius , superficie regrada dunha soa cara.
  • Varios caleidociclos ( formados por tetraedros que xiran infinitamente sobre si mesmos) con temática de Escher ou do Samaín.
  • Unha figura baseada no “Dragón óptico” que é unha ilusión óptica 3D.

A maiores hai estruturas matemáticas máis coñecidas como esferas, simetrías, números, círculos, ....


https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=7181&mailbox=SU5CT1g&uniq=1571736479613


SABÍAS QUE..?

Sabías que...?


  • O mel non se estraga? Podemos comelo sen problema de fai 3.000 anos.


Sabías que...?


  • Hai suficiente ferro no noso corpo como para formar un cravo de 7 cm?




Feito polo alumnado de 1º ESO

24 de outubro: Día das bibliotecas escolares















 Fagamos entre todos que a nosa biblioteca sexa un "fervedoiro" de convivencia e comunicación en torno ás letras.












Para conmemorar este día, desde a biblioteca do centro organizamos un par de actividades:

  • Encontro coa autora Lola Rontano, que nos vai presentar o seu libro AUSTROATLÁNTICA, que recibiu o XXX Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lengua Castellana - 2018

DÍA
CURSO
HORARIO

MÉRCORES 23 DE OUTUBRO

1º DE BACH. A e B



12:45 a 13:35 horas

VENRES 25 DE OUTUBRO


2º DE BACH. A e B

10:45 a 11:35 horas


  • Obradoiro “Descubrindo o mundo dos libros”, coordinado pola responsable da Librería AENEA

CURSO
HORARIO

1º ESO

10:45 a 11:35 horas

2ª ESO

11:35 a 12:25 horas