III MES DO LIBRRO



III MES DO LIBRO

Por terceiro ano consecutivo tiñamos preparado para vós o III MES DO LIBRO, para o que contabamos coa presenza de seis autores que desde a Biblioteca consideramos que podían ser moi interesantes. Dada a situación na que nos atopamos vémonos na obriga que ter que aprazar todos ou algúns destes encontros, todo vai depender de como vaia evolucionando a situación na que nos atopamos.

Polo momento... debemos permanecer nas nosas casas!

Moito ánimo a tod@s!!!






Nós lemos en galego, e ti?


A Biblioteca xunto co Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega convocou no mes de setembro o concurso Nós lemos en galego, e ti? para dinamizar a lectura en galego entre @s máis pequen@s do centro.
Velaquí @s lector@s máis destacad@s no primeiro trimestre.


O Club de Lectura de 1º Bacharelato planta un buxo


No Club de lectura de 1º Bacharelato lemos O home que plantaba árbores. Despois de reflexionar sobre a súa temática, decidimos actuar plantando nós unha árbore no centro e así contribuír a mellorar un chisco o noso mundo.


21 de marzo, DÍA DA POESÍA

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Dende principios de marzo empezamos a conmemorar o Día da Poesía enchendo un caderno no que os rapaces deixaban a súa pegada cun poema creado por eles/as mesmos/as. 
FELIZ DÍA DA POESÍA









8 DE MARZO



TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO


Todos os días son 8 de marzo, e as mulleres do

IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA 

queremos facernos presentes 

neste día dun xeito especial.