Así foi o noso encontro con Jordi Sierra i Fabra

O 26 de febreiro foi un día moi especial para a nosa comunidade educativa e a do colexio de Zas, pois tivo lugar o Encontro Literario co escritor Jordi Sierra i Fabra. Non esqueceremos facilmente a unha persoa con tanto carisma. Se os seus libros deixan pouso nos nosos alumnos, as súas palabras non deixan menos, pola súa cercanía, empatía, vitalidade e paixón polo seu traballo. Conseguiu captar a atención de todos nós, contando experiencias persoais que o marcaron de neno e, o máis salientable, dando auténticas leccións de vida que poderiamos resumir en tres frases: “Loita polos teus soños”, “cre en ti” e “lede, o que sexa, pero lede”.


ENGAIOLADORES XEOMÉTRICOS

Os profesores dos Departamentos de Matemáticas e de Física e Química desenvolveron co alumnado de 2º da ESO, un obradoiro de kirigami no que "engaiolaron" os seus versos.