A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema convídavos á clausura deste curso 2018/2019 botándolle unha ollada á exposición que colocamos na entrada do centro. Nela podedes buscar as vosas facianas percorrendo o retrato do escritor Agustín Fernández Paz.
Tamén tedes un resumo fotográfico de como foi o Roteiro Literario do Club de Lectura e de como vivimos "Ao son da lectura".
E como non pode ser menos, desexámosvos un moi bo verán na compañía dun bo libro.
ROTEIRO LITERARIO CLUB DE LECTURA
O
luns 27 de Maio o Club de Lectura do noso centro, Baiolendo,
tivo un encontro cos clubs de lectura do IES Fin do Camiño
(Fisterra) e do CPI de Zas. Fixemos un roteiro literario baseado na
lectura de Volverás
Golfiño
de Andrea Maceiras, Rosaura
e o
mar
de Luz Beloso e o álbum ilustrado Man
de Camelle
de Carme Hermo.
Ás
once da mañá tivemos o punto de encontro dos clubs de lectura en
Camelle, onde fixemos unha visita guiada ao Museo e á casa de Man de
Camelle.
A
continuación dirixímonos cara ao Cemiterio dos Ingleses, a Praia do
Trece e o faro de Cabo Vilán. Compartimos un xantar na praia O Ariño
(Xaviña) e dende alí visitamos o pobo de Santa Mariña, no que
fixemos unha andaina gozando da fermosa paisaxe e achegándonos á
vida mariñeira.
E este é o video do club de lectura: AO SON DA LECTURA, que resume a andaina literaria do club BAIOLENDO ao longo de todo este curso 2018/19.
Premio literario da Agrupación Cultural O Facho
PARABÉNS YAGO!!!
O alumno de 1º da ESO YAGO REGUEIRA BUGALLO vén de gañar o Premio Literario convocado pola Agrupación Cultural O Facho da Coruña, co relato “A loita pola felicidade”. O premio consistiu nunha cantidade en metálico e unha biblioteca doada polas editoriais: Laiovento, Sotelo Blanco, Xerais, Galaxia, Baía e Toxosoutos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)