Amosando publicacións coa etiqueta paz 2024. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paz 2024. Amosar todas as publicacións

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

 🕊30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ🕊

Dende a Biblioteca, para conmemorar esta data, estivemos elaborando ao longo destas semanas, este mural de pombas feitas nas titorías da ESO e que nos invaden por todo o corredor principal do centro 🕊 Ademais, tanto nas pombas como nas pezas que compoñen o mural, aparecen escritas palabras e textos sobre a Paz. Por outra banda, completamos esta exposición cunha selección de libros relacionados con esta conmemoración.



TALLER DE ORIGAMI POLO DÍA DA PAZ

O venres tivemos no primeiro recreo o taller de origami polo Día da Paz, no que o alumnado fixo unha fermosa pomba 🕊 ☮️ 
Estes talleres non serían posible sen a colaboración do departamento de matemáticas da man da profesora Luchy.













 

EXPOSICIÓN "SOMOS UN CENTRO CONCILIADOR E TOLERANTE?"

SOMOS UN CENTRO CONCILIADOR E TOLERANTE?

O equipo da Biblioteca elaborou esta exposición, con motivo do Día da Paz, para valorar o clima de tolerancia que hai no noso centro. Para iso, o alumnado lerá as preguntas que están colgadas no corredor do lado da biblioteca, e unha vez reflexionadas, collerá un gomet da cor correspondente á opción escollida.