VÍDEO DO CLUB DE LECTURA DE 1º DA ESO PARA O 25N

 As mulleres que cultivaban néboas cativa o Club de Lectura Baiolendo de 1º de ESO

O Club de Lectura Baiolendo de 1º da ESO conmemorou o 25N coa lectura do álbum ilustrado As mulleres que cultivaban néboas de Bea Gregores, unha historia de superación da violencia machista. Despois da súa lectura, realizaron este vídeo en homenaxe a todas as vítimas desta lacra social, de reivindicación a que si se pode saír desta situación e, asemade, de animación álectura desta fermosa narración.



VÍDEO 25N DE 1º DE BACHARELATO

 Un grupo de rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato amosan a súa solidariedade e apoio ás vítimas da violencia machista no vídeo que vos presentamos a continuación; un vídeo en conmemoración do 25N e coordinado dende a Biblioteca.

A violencia machista non cesa: aínda onte, 5 de decembro, unha muller foi asasinada e outra agredida a mans das súas parellas. O Equipo da Biblioteca seguirá comprometido coa elimininación desta lacra social a través da concienciación e sensibilización do noso alumnado para soñar cun día no que desapareza.



MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO

                       Un minuto de silencio no IES Maximino Romero de Lema

 

Un ano máis a Biblioteca segue a ser o centro impulsor de actividades relacionadas coa concienciación e sensibilización cara a determinadas lacras sociais; nos días pasados levamos a cabo distintas iniciativas arredor do 25N que involucraron a toda a Comunidade Educativa. O cume de todas foi a realizada  o pasado venres cando todos e todas participamosnunha homenaxe ás vítimas da violencia machista, que consistiu en que en cada aula alumnos e alumnas lían o manifesto diante dos seus compañeiros e compañeiras e, a continuación, gardaban un minuto de silencio; mentres no patio o grupo de  2º de ESO fixo unha “performance” arredor dos 38 pares de zapatos sobre unha tea violeta, que lembraban as mulleres asasinadas. Velaquí vos deixamos un vídeo que recolle a esencia desta iniciativa.



DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 De fronte á violencia de xénero 

nosa Biblioteca participa na campaña “De fronte á violencia de xénero” da Deputación da Coruña e entregou no día de hoxe un vaso reutilizable co lema da mesma; un xeito diferente de incidir na sensibilización e fomentar a reflexión entre toda a Comunidade Educativa. 

Rapaces e rapazas atopárono nas súas mesas a primeira hora e así comezaron o día lembrando que todos os días, mais neste en especial, débese rexeitar a violencia machista.






EXPOSICIÓN 25N

Pares de zapatos simbolizan as vítimas da violencia machista 

no IES Maximino Romero de Lema

 

Dende a Biblioteca, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, estendemos unha longa tea violeta na entrada do Centro na que aparecen 38 pares de zapatos que representan as vítimas e as menores asasinadas pola violencia machista. O acto de homenaxe a todas elas consistiu nunha lectura do manifesto e a enumeración das mulleres asasinadas por parte do alumnado de 2º de ESO que baixo as  máscara brancas fixeron unha pequena “performance” . Ao pé de cada par de zapatos estaba o nome da vítimas e lemas a favor  da eliminación da violencia contra a muller. Ao final do acto gardouse un minuto de silencio por todas elas. 

O resto do alumnado lía o manifesto e gardaba un minuto de silencio en cadansúa aula. 








TIKTOK “POR ELAS”

 “Por Elas” é o vídeo para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller feito polo Voluntariado e Equipo da Biblioteca do noso Centro. 


Con este video quixemos render unha homenaxe a todas as vítimas desta lacra social no que levamos de ano para que non queden no esquecemento. 

 

Por elas, para que a súa historia non se volva repetir, debemos camiñar todos e todas xuntos para conseguir unha sociedade onde a igualdade sexa realidade.

MANIFESTO 25N

Dende a Biblioteca elaboramos o manifesto do 25N para ler mañá, día internacional da eliminación da violencia contra a muller.



MURAL 25N

 Cantas noticias máis tes que ler? 

Mural feito con recortes de xornais polo voluntariado da biblioteca ao longo deste mes. Nel pódense ler diferentes noticias relacionadas coa violencia contra a muller. 













GAÑADORES DOS CONCURSOS DO SAMAÍN.

 Hoxe entregamos no segundo recreo os premios aos gañadores dos concursos do Samaín impulsados dende a Biblioteca.



         Miguel de 2º da ESO foi o gañador do concurso de cabazas terroríficas.



Adrián de 1º da ESO foi o gañador do concurso de relatos de medo do Samaín.

PARABÉNS!!!

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 Para conmemorar este Mes da Ciencia en Galego, elaboramos esta exposición con diferentes libros e álbums con temática científica.





GAÑADOR RELATOS DE MEDO DO SAMAÍN

 GAÑADOR DO III CONCURSO DE RELATOS DO SAMAÍN #CALAFRÍO NUN CHÍO

1º ESO - ADRIÁN MACÍAS LEMA



Velaquí vos ensinamos outros relatos terroríficos que nos fixeron chegar.



GAÑADOR CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

 GAÑADOR CONCURSO CABAZAS

2º ESO - MIGUEL RAMOS PASTORIZA




Velaquí vos ensinamos outras cabazas terroríficas que nos fixeron chegar.




















O gañador poderá recoller o premio o xoves 10 no primeiro recreo.

😉😉😉NORABOA 😉😉😉


RECUNCHO REFRANEIRO DO MES DE NOVEMBRO

 


LENDAS DO SAMAÍN 1º DA ESO

 O Equipo da Biblioteca consegue recuperar do Alén o arquivo fotográfico de 1º ESO

Como vos contabamos na anterior comunicación unha rebuldeira cociñeira defunta levara consigo o arquivo fotográfico do Samaín de 1ºESO ao alén. O Equipo da Biblioteca, sabedor de que na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro é a mellor data para baixar ao mundo de ultratumba, alá fomos as catro para recuperar tan ansiado tesouro. A tarefa foi ardua, pero superamos todos os obstáculos e conseguimos volver ao aquén co vídeo que aquí vos deixamos e que xa forma parte do noso patrimonio cultural.



LENDAS DO SAMAÍN 2º DA ESO

 1º e 2º de ESO recrean narracións tradicionais no Samaín

O pasado venres co gallo do Samaín contamos na Biblioteca con excelentes contistas de 1º e 2º da ESO que relataron contos e lendas tradicionais arredor da morte que lles transmitiron no seo da familia. Mortos, aparecidos, almas en pena, fantasmas... acompañáronos durante as dúas sesións nas que houbo algún que outro sobresalto, arrepío, medo... mais tamén bombóns que unha leda caveira ofrecía a quen participabae moitos risos por parte do público asistente. Velaquí vos deixamos o vídeo no que aparecen os/as principais protagonistas de 2º ESO.


O arquivo fotográfico de 1º da ESO está no alén por unha brincadeira de Escarlatina, a cociñeira defunta, mais o Equipo da Biblioteca promete rescatalo o antes posible para revelarlle ao mundo do aquén este impresionante documento do noso patrimonio cultural.