"Erin e o lobo" de Érica Esmorís esperta a maxia da lectura e a creatividade artística no noso Club de Lectura de 1º de ESO.
O enigma de Sempreviva de Andrea Maceiras
Á volta escudriñaremos a súa fermosa historia.
BO NADAL E BOA LECTURA
Cosendo as nosas bolsas
O Club de Lectura de 1º ESO, coa axuda da súa coordinadora adicou o seu tempo de lecer a facer as súas propias bolsas de tela para os libros de lectura.
Encantoulles tanto esta actividade.
Agora tócoanos completar o noso kit cun marcapáxinas tamén de tela.
ÁRBORE DE NADAL CON MATERIAL DE RECICLAXE
Este Nadal o alumnado de 1º ESO de Relixión en coordinación co Equipo da Biblioteca crou as súas propias árbores de nadal con follas de libros descatalogados para adornar os seus fogares.
Un comezo inmellorable: 3º e 4º de ESO estrea o club de lectura con «A afogada»
O club de lectura de 3º e 4º de ESO non puido comezar de mellor maneira este curso. Para a nosa primeira xuntanza, a obra elixida foi «A afogada», da escritora ceense Rocío Leira, e a experiencia resultou ser un éxito absoluto.
Por que nos atrapou? A trama policial, ambientada na Costa da Morte, mantívonos intrigados dende a primeira páxina,sentimos os escenarios moi próximos.
Conectamos axiña coas súas motivacións e segredos e a xuntanza para poñer en común as nosas impresións foi un fervedoiro de ideas. Pasamos o tempo teorizando sobre os sospeitosos, analizando o final e debatendo sobre os temas máis escuros que agocha a novela.
O mellor de todo foi ver como un libro é capaz de xerar tanta conversa, risas e opinións contrastadas entre nós.Sen dúbida, «A afogada» deixou o listón moi alto para as vindeiras lecturas.
OBRADOIRO DE ORIGAMI DE NADAL
Hoxe tamén tivemos o obradoiro de origami de Nadal con Luchy en colaboración co departamento de Matemáticas 😁
CHOCOLATADA DE NADAL DO CLUB DE LECTURA
Hoxe no primeiro recreo tivemos a tradicional chocolatada de Nadal na que nos xuntamos todos os participantes do Club de Lectura Baiolendo.
Rapazas de Agustín Fernández Paz
Libro que aborda temas moi próximos á realidade adolescente, como a amizade, a identidade e os cambios propios da mocidade. A lectura resultou interesante para o alumnado pola identificación coas personaxes e polas situacións que se presentan.
Favoreceu a reflexión sobre as relacións persoais e a igualdade.
ABRIL CAMINO PRESENTA O SEU LIBRO MULLERES QUE VIVEN XUNTAS
Abril Camino acompañounos esta tarde no Club de Lectura de Adultos para presentar e falar en torno ao seu libro Mulleres que viven xuntas, que foi galardoada co XLII Premio Xerais de Novela.











