7º Certame "As imaxes do patrimonio"

 


Toda a información en: http://pontenasondas.org/

CERTAME DE NARRACIÓNS BREVES MANUEL MURGUÍA

 is informaciónhttps://arteixo.org 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "OS DEREITOS DA INFANCIA"


 Máis información: https://www.asmundonuevo.com/

ELIXE A PALABRA DO ANO

     

    A lingua é un espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e preocupa en cada momento a cadaquén, a todos e todas como sociedade. O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, como tan claro nos queda nestes tempos pandémicos, o público e o privado conflúen. Por iso escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos...

Como participar?


Primeira fase.
Recoller as vosas suxestións (xa pechada). As palabra elexidas nesta fase son:

Cibercarracho, -a

Cooficialidade

Educación emocional

Feitiño, -a

Dereitos humanos

Biodiversidade

Segunda fase. Podes votar pola túa palabra favorita ata as 23:59 horas do luns 25 de decembro.

Terceira fase. O mércores 27 de decembro desvelarase que voz elixistes como Palabra do Ano 2023.

Cal é a túa favorita?

https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

A BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN MOI BO NADAL


 

OBRADOIRO DE GALLETAS DECORADAS DE NADAL

    O Equipo da Biblioteca non atopou mellor maneira para despedir o primeiro trimestre que facelo dun xeito doce, e por iso organizou este Obradoiro de galletas decoradas de Nadal guiado pola coordinadora do Club de Lectura, no que profesor@s e alumn@s voluntariamente participaron.
    Foi este un obradoiro que gustou moito, todos os que quixeron, puideron facer a súa galleta de Nadal. Houbo quen a fixo para el/ela e quen a fixo para regalala.
   


















LER NO NADAL TIVO PREMIO

 Hoxe por fin soubemos quen foi a persoa gañadora entre @s nos@s lectores. 

Fóchedes moitos os que participáchedes, pero a sorte recaeu en...

PARABÉNS, LETICIA!!!

CONCOURS DE CARTES POSTALES



O Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Francés organizou un concurso de postais navideñas na que participou o alumnado de 1º ESO. A elección dos tres gañadores non foi fácil, aquí tedes o marabilloso resultado deste gran traballo.
E estes foron os gañadores:




 Parabéns a tod@s!

Furia de María Reimóndez

 

    O Club de Lectura de 4º ESO, 1º BACH e C M de Informática comezamos lendo o libro Furia de María Reimóndez.

    Este libro serviunos para coñecernos mellor, e ao ir avanzando na lectura e comentar as nosas impresión iamos creando lazos de confianza e perdendo a nosa timidez.

    O libro, que nos fala de Cecilia, unha rapaza de dezaseis anos á que lle morre a nai e non sabe xestionar as súas emoción, atrapounos de tal xeito que o lemos case de corrido e desexavamos reunirnos para poder comentalo.

Finaliza a campaña solidaria de recollida de alimentos no IES Maximino Romero de Lema

 

    Durante o mes de decembro os correspondentes xuvenís en colaboración coa Biblioteca, desenvolveron unha campaña de recollida de alimentos co motivo do Nadal para repartir entre as familias necesitadas. A Comunidade Educativa demostrou a súa solidariedade cos máis desfavorecidos a través dos alimentos depositados na caixa que había na entrada, e finalmente hoxe fixéronlle entrega dos mesmos a Carme e a Paco, voluntarios de Cáritas, que foron os encargados de levalos á sede para o seu posterior reparto entre aqueles que máis o precisan.


    Esta iniciativa tiña como obxectivo a sensibilización de todos e de todas nós nestes momentos de dificultade para moitas familias, pero tamén botar unha ollada crítica sobre a sociedade actual na que cada vez hai máis persoas con problemas para cubrir as súas necesidades básicas.


    Imaxinemos un Nadal para todos e todas. É posible se todos e todas achegamos o noso gran de area.



Encontro de Correspondentes Xuvenís

 Encontro de Correspondentes Xuvenís

18 Dec 2023

Publicado en En portada

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou no Encontro de Correspondentes Xuvenís celebrado en Mondariz-Balneario, en Bergondo e en Allariz.

 


    Destaca a implicación de alumnado e profesorado neste programa, no que actúan como difusores de axudas, iniciativas e actividades de interese nos seus centros de ensino.

    Arredor de 270 estudantes dunha trintena de centros se dan cita, en horario de mañá e tarde, nestes encontros de carácter formativo, que se celebran no Complexo CEMAR de Mondariz-Balenario e nos albergues xuvenís de Allariz e Mariña Española en Bergondo.

    Cristina Pichel agradeceu a implicación de alumnos e profesores neste programa, e destacou tanto o labor informativo como de dinamización do día a día que realizan nos seus centros. Ao respecto, puxo en valor a importancia dos ‘correspondentes xuvenís’ para achegar aos seus compañeiros e amigos toda a información que lles interesa e que lles é de utilidade.

   A directora xeral destacou que o programa Correspondentes Xuvenís é tamén unha ferramenta para mellorar as habilidades comunicativas e sociais da xente nova, favorece que asuman responsabilidades e potencia valores como a colaboración ou o liderado. Ademais, aos alumnos que fan nos seus centros de ‘correspondentes’ recoñéceselles a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.

    O programa dos encontros de incluiu formación no manexo de redes sociais, comunicación, oratoria, e a desinformación e a intelixencia artificial. Así mesmo, os participantes tiveron que preparar unha exposición para expoñer en público.

Obradoiro "Decora a túa galleta de Nadal"



 

LER NO NADAL PODE TER PREMIO!




 

Avións de papel. Recomendación lectora do Club de Lectura

    


Chega o Nadal, e o Club de Lectura de 2º ESO quere agasallarvos cunha especial recomendación lectora para estes días.

Non vos esquezades de pasar pola Biblioteca recoller un exemplar. 

Desexamos que vos guste. 

ENCONTRO DE CORRESPONDENTES XUVENÍS

    

    Este venres 15 de decembro, os nosos correspondentes xuvenís de 1º de Bacharelato participaron no Encontro que tivo lugar en Sada, de xeito simultáneo celebrouse outro encontro en Mondaríz-Balneario e en Allariz, no que participaron ao redor de 300 correspondentes doutros Centros Educativos.

    Foi unha xornada moi intensa, pero enriquecedora, onde poidemos compartir as nosas experiencias e recibir formación na xornada da mañá relativa a: O do manexo das redes sociais e comunicación, Desinformación e Intelixencia Artificial e, Oratoria.

    Na xornada da tard,e por grupos, elaboramos un traballo relacionado coa formación recibida e a continuación procedemos a súa exposición.

    A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez agasallounos coa súa presenza poñendo o broche final á xornada e animounos a continuar con este labor de ser transmisores de información tan importante para a xuventude.











Oxixenando as aulas con material de refugallo


 O Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Relixión levou a cabo un obradoiro de maceteiros elaborados con material de refugallo: caixas de mexillóns, botellas de plástico, botellas de lixivia, pallas de beber,... co obxectivo de aportar o noso gran de area á purificación do aire que respiramos e combatir así a súa contaminación.

Vaiche boa! de Paul Jennings e o Club de Lectura de 2º ESO

 


Inauguramos o club de lectura con Vaiche boa! de Paul Jennings, un libro de oito historias disparatadas nas que predomina o humor e a fantasía, e que nos permitiu reflexionar sobre temas como a envexa, o acoso escolar, as supersticións, o engano e as consecuencias deste, a defensa do patrimonio propio... Esta lectura engaiolou ao alumnado, pareceulles moi divertida, chea de cousas politicamente incorrectas e escatolóxicas que os/as engancharon e lles facía rir moito. Loxicamente, como en todo libro de relatos, cadaquén tiña as súas preferencias á hora de sinalar cales lles gustaron máis ou menos.

    Rematamos a primeira avaliación presentándolles o libro aos outros grupos do Club de Lectura Baiolendo, mentres compartiamos uns piscolabis para facer grupo cos todos e todas.