ÁRBORE COAS RECOMENDACIÓNS DO NADAL

 Algúns dos voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca elaboraron esta árbore de Nadal cuns adornos moi especiais. Cada boliña contén unha recomendación coas nosas novidades lectoras.

A BIBLIOTECA DO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA DESÉXAVOS BO NADAL!!!!!! 




RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL




EXPOSICIÓN DE NADAL

 A biblioteca, en colaboración co departamento de relixión, realizou esta exposición de Nadal elaborado polo alumnado de ESO nas clases de relixión. Todo o alumnado e a profesora Trini fixeron un traballo impresionante.

A biblioteca do IES Maximino Romero de Lema deséxavos un bo Nadal e felices festas 😀😀😀




















CLUB DE LECTURA 1º DA ESO

  O alumnado do club de lectura de 1ºda ESO rematou de ler o libro de "Petando nas portas de Dylan" de Antonio García Teijeiro. 

Fotagrafiamos a todo o grupo coa decoración de Nadal.


O alumnado do Club de Lectura de 1º de Bacharelato e de Ciclo Medio I recomendan Flores de ferro

 






Foi un libro interesante. Cada capítulo deixaba un final aberto que te incitaba a seguir lendo, por isto é unha lectura que engancha. Os personaxes eran reais, cada un con aires de misterio diferentes, o cal che facía querer seguir sabendo máis deles, pois todos tiñan unha historia que contar. Ao principio un liábase moito, debido á gran cantidade de nomes e aos saltos temporais que facía a autora constantemente. Recomendamos este libro porque nos gustou moito.

CLUB DE LECTURA 1º DA ESO

  O alumnado do club de lectura de 1ºda ESO rematou de ler o libro de "Candorcas e unicornios" de María Canosa . Fotagrafiamos a todo o grupo cun photocall inspirado nas esceas do libro.



TALLER DE ORIGAMI DE NADAL

 Hoxe no primeiro recreo realizamos na biblioteca o taller de origami de Nadal, na que o alumnado fixo unhas das figuras máis típicas desta época, un arboliño de Nadal 😊😊😊













CLUB DE LECTURA 1º DE BACHARELATO

 O alumnado do club de lectura de 1º de Bacharelato rematou de ler o libro "Flores de ferro” de María Rei Vilas. Fotagrafiamos a todo o grupo cuns elementos característicos desta obra.



CLUB DE LECTURA 3º ESO

   O alumnado do club de lectura de 3ºda ESO rematou de ler o libro  "Os corpos invisibles" de Emma Pedreira . Fotagrafiamos a todo o grupo cun elemento carcterístico desta obra, unha cadeira de rodas.







TALLER DE ORIGAMI DE NADAL


 

CHOCOLATADA DE NADAL COS CLUBS DE LECTURA

 Hoxe celebramos a xuntanza de Nadal con todo o alumnado que participa nos clubs de lectura deste curso.

Cada grupo degustou unha chocolatada  cumprindo as normas establecidas e tod@s xuntos despedimos o primeiro trimestre 😀












CLUB DE LECTURA 1º FP BÁSICA

 O alumnado do club de lectura de 1º de FP Básica rematou de ler o libro de "Atranco no banco" de Manuel Núñez Singala . Fotagrafiamos a todo o grupo cun saco de diñeiro, un elemento moi caracteristico nesta obra.



FÍO MUSICAL DECEMBRO

 

DECEMBRO

Entrada da mañá: O medo dunha nena, de SES

1º recreo: Que non mo neguen, de Tanxugueiras

2º recreo: Muiñeira de Chantada

Entrada da tarde: Desposorio, de Tanxugueiras

DECORACIÓN NADAL COS VOLUNTARI@S

 O alumnado voluntario da nosa biblioteca xa comezou unha nova tarefa.

Todos xuntos están decorando bolas navideñas para montar unha árbore de nadal moi especial: 

Faremos unha árbore con novas recomendacións lectoras!














RECUNCHO REFRANEIRO MES DE DECEMBRO