OBRADOIRO DE RECICLAXE DE PAPEL


Neste final de trimestre o Club de Ciencia organizou outra actividade co Equipo da Biblioteca; estamos a referirnos ao obradoiro de reciclaxe de papel na que o alumnado de 1º de ESO deseñou bólas de Nadal  con follas de libros vellos moi estragados ou moi desfasados nos seus contidos, dándolles unha segunda vida. As bólas formaban parte da exposición que con motivo do Nadal puxemos na entrada do Centro. No vídeo podedes ver un resumo fotográfico da realización do mesmo.



ALUMEAMOS O NADAL COA RECICLAXE

 O 2022 foi declarado pola ONU Ano Internacional do Vidro para destacar a importancia deste material que forma parte da nosa vida diaria; por este motivo quixemos acabar o ano cun Obradoiro de  reciclaxe do vidro organizado pola Biblioteca en colaboración co Club de Ciencia, e dirixido para alumnado de 2º e 4º da ESO. 

Para levalo a cabo rapaces e rapazas trouxeron da casa botes de cristal usados, pero tamén cartóns, plásticos, teas... e déronlles unha nova vida como adornos de Nadal para decorar o Centro primeiro e despois, os seus fogares, xa que cada alumno e alumna recolleu no último día de clase a súa orixinal creación.


Para completar esta actividade de reciclaxe alumnado de 1º de ESO deseñou bólas de Nadal  con follas de libros vellos moi estragados ou moi desfasados nos seus contidos dándolles unha segunda vida. 




Un xeito de diferente de desexar Bo Nadal e un Próspero Ano Novo cheo de novas aprendizaxes para toda a Comunidade Educativa. Continuaremos esforzándonos coa mesma ilusión e tesón en todos os proxectos que levemos a cabo no 2023!





BAIOLENDO DESPIDE O 1º TRIMESTRE

 

O club de lectura Baiolendo despide o primeiro trimestre no que botamos a andar todos os grupos que o integran. 1º ESO leu O caderno de Ánxela de Raquel Ricart Leal e As mulleres mulleres que cultivaban néboas de Bea Gregores. Destes dous libros realizáronse cadanseu vídeo de animación á lectura que podedes visualizar no instragram da biblioteca ou neste blog nas seguintes entradas: http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2023/01/club-de-lectura-de-1-da-eso-o-caderno.html

http://bibliotecamaximino.blogspot.com/2022/11/video-do-club-de-lectura-de-1-da-eso.html

En 2º ESO empezaron as lecturas deste curso con A aprendizaxe de Betsy de Dorothy Canfield Fisher. O club de lectura conformado por alumnado de 3º e 4º ESO, xunto cun alumno de 2º FPB leron Que me pare o corazón se te esquezo de Andrea Maceiras. En 1º Bacharelato gozaron da última novidade de Antía Yáñez, Non penses nun elefante rosa e o recén estreado club de adultos, La ladrona de huesos de Manel Loureiro. No club de 1º FPB leron a divertida obra de teatro de Manuel Núñez Singala, Atranco no banco e o club de lectura de francés comezaron a lectura do libro C´est mieux quand ça rime!v de Marie Pimont.

Velaquí vos deixamos todas as fotos dos integrantes dos distintos grupos posando co libro.










O CLUB DE LECTURA BAIOLENDO DESÉXAVOS UN MOI BO NADAL

O Club de Lectura Baiolendo  reuniuse unha vez máis para compartir as súas lecturas ao redor dunha doce e navideña mesa.



Como non podía ser menos, este ambiente acolledor animounos a conversar sobre as distintas lecturas que ao longo do primeiro trimestre fomos lendo, e coas pilas ben cargadas levamos entusiasmados a intriga que o seguinte libro nos ía brindar.

O Club de Lectura deséxavos un Nadal moi literario.



















ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO ADORNOS DE NADAL

 Hoxe no 1º recreo entregamos os adornos en 3D as gañadoras do concurso de Nadal.

Que fermosos quedaron!

BO NADAL!!!









GAÑADORES CONCURSO DE ADORNOS DE NADAL

 Estes son os deseños dos adornos gañadores do concurso de Nadal. Mañá no 1º recreo poderedes pasar a recoller o adorno impreso en 3D na biblioteca. Os demais participantes tamén terán un agasallo 🎄😊✌️





LA LADRONA DE HUESOS, DE MANUEL LOUREIRO

   Este luns 19 de decembro reuniuse de novo o Club de Lectura de Adultos  ao redor dun café e do doce pouso que deixou a lectura de La ladrona de huesos. Na reunión todas comentamos o moito que nos gustara o libro e como gozamos léndoo. Compartimos as nosas impresións nun ambiente moi coloquial e cercano.

        Alédanos ver como o grupo se vai facendo máis grande, como novas nais se van animando a participar e a formar parte do Club.

        Nesta reunión entregouse o seguinte libro, Pan de limón con semillas de amapola, de Cristina Campos, un bo libro para despedir o ano e comezar o 2023 cun "pan" tan delicioso coma este, cunha historia tan tenra coma esta.

     



















PRESENTACIÓN DO LIBRO BRANDOMIL NA HISTORIA

                                        A RIQUEZA PATRIMONIAL DE BRANDOMIL

                                      

O pasado venres, 15 de decembro, organizamos dende a Biblioteca a primeira presentación dun libro neste curso. Foi a do libro da Fundación Brandomil  Brandomil na historia, un Couto de mullerese tivo lugar ante alumnado de 2º de Bacharelato.

O acto literario comezou coa presentación dos convidados por parte da alumna Tania Pose Rey e a continuación tomou a palabra Tania Carreira Rial, técnica de Patrimonio do Concello de Zas, que estivo acompañada polo secretario da Fundación Brandomil, Enrique Iglesias Seoane. 

A técnica do concello, despois de localizar Brandomil nun mapa do concello de Zas, fixo un percorrido pola historia de Brandomil, dende os tempos antigos pasando pola época romana, xermanos, época medieval...

Un especial foco de atención xirou ao redor das descubertas arqueolóxicas que permitiron observar que en Brandomil hai un patrimonio, do que aínda se descoñece a magnitude, e que cómpre dar a coñecer para que sexa defendido e preservado pola comunidade. Pero é un traballo custoso, polo que, neste sentido, coma é o caso, cómpre o apoio das administracións públicas coma o Concello de Zas.

Falamos dunha zona rica en castros (Brandomil, Atrás, Aquelabanda) e con importantes vestixios de tempos da ocupación romana. Proseguir as escavacións arqueolóxicas permitiría afondar no coñecemento histórico da zona. Igualmente, a posta en valor debe favorecer o acceso das persoas ao gozo do noso patrimonio histórico e cultural.

Ao final do acto uns rapaces achegáronse para facer resolver algunhas dúbidas. Dende a Fundación cedéronos varios exemplares para a Biblioteca que agradecemos de corazón.












MURAL DE NADAL FEITO POLOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA

 O alumnado voluntario da biblioteca realizou ao longo desta semana este mural de Nadal, no que se pode ver unha árbore de Nadal composta por diferentes libros de recomendacións lectoras para estas datas.