Amosando publicacións coa etiqueta club escritura 2024. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club escritura 2024. Amosar todas as publicacións

Reseñas da experiencia dalgúns dos membros do Club de Escritura

 

María: Para min o Club de Escritura foi unha experiencia única, xa que nunca antes fora a un. Aínda que nun principio non me gustou moito, pois pensaba que iamos facer todos o mesmo, é dicir, escribir todos para o mesmo libro. Pero despois paseino bastante ben, xa que podía escribir o xénero que me gustaba. Ao final, a experiencia foi bonita e inesquecible, e seguramente se para o ano que ben o hai, apuntareime para seguir escribindo a miña propia historia. 


Miguel: Para min o Club de Escritura foi unha experiencia positiva, xa que me axudou a aprender a expresar mellor as miñas ideas. O que menos me gustou foi que comezou demasiado tarde e non nos dou tempo a rematar o noso proxecto.


Enma e Henri: Aínda que este proxecto foi algo apresurado e innovador, debemos decir que estamos moi felices do resultado final, pois temos un grupo moi unido no cal nos axudamos mutuamente para mellorar; e tendo en conta os erros e o tempo que lle adicamos, pensamos que este Club cun pouco máis de apoio e adicación, pode chegar ata algo máis grande. Tentaremos organizarnos mellor o vindeiro curso.

O CLUB DE ESCRITURA VOLVE REUNIRSE CON ANTÍA YÁÑEZ

 




    O noso Club de Escritura volveu gozar da compaña da escritora Antía Yáñez. Neste encontro a autora compartiu con nós algunhas técnicas e xogos co fin de mellorar a nosa escrita e así ser máis creativos. 
    Gracias Antía por ilustrarnos e axudarnos nesta andaina que comezamos este curso e que sen dúbida continuaremos no próximo.


COMEZAMOS O CAMIÑO DE EXPLORACIÓN DA PALABRA


     Na segunda reunión do club de escritura comezamos a vivencia pracenteira da experiencia creativa. Acordamos escribir entre todos e todas un libro planetario. Cada membro imaxinará un planeta que represente unha emoción e describirao. Iniciamos así unha viaxe emocional no que os e as habitantes do mundo ficticio nos axuden a expresar distintos sentimentos.

Posteriormente compartiremos as inquedanzas que a escritura creativa nos produciu para mellorar esta competencia. Así mesmo faremos coñeceremos as interpretacións e as ideas do resto de integrantes dando paso á reflexión e o debate a partir dos textos escritos.

Rematamos a sesión cunha mestura de ilusión e respecto ante o reto de explorar na palabra.




INAUGURACIÓN CLUB DE ESCRITURA CREATIVA

 


O pasado mércores botou a andar un novo proxecto na nosa biblioteca: un grupo de alumnos/as e profesoras reuniuse para desenvolver un taller de escritura. A orixe desta idea xurdiu no club de lectura que integra alumnado de 1ºCM, 4º ESO e Bach; de feito dous dos seus integrantes, Lautaro Fabián e Enma Lobelos, son os coordinadores deste recén creado club.

Nesta sesión presentáronse todos os membros, e Lautario explicounos que o obxectivo do mesmo é a creación de textos, sen esquecer que é, ao mesmo tempo, un espazo no que reflexionará, no que aprenderemos a mirar, a descubrir o outro lado das cousas, a escribir o observado; un espazo no que se discute nun clima propicio para expresarse libremente.