O noso centro participa nesta actividade anual co resto dos centros da Costa da Morte para reivindicar o uso do galego.
PODCAST SOBRE LABARTA POSE
Dende o IES Maximino Romero de Lema continuamos commemorando o centenario da morte de Enrique Labarta Pose, e neste caso, Alicia, Henry, Laura, Mateo, Miguel e Sabela, dirixidos por Ricardo Vigueret, fixeron a adaptación teatral da obra A compaña, que se pode escoita no seguinte enlace:
ENTREVISTA A MARÍA DO MAR LÓPEZ DO PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN
Aproveitando a visita do profesorado do IES Concepción Arenal, o alumnado de 3º da ESO explicoulle a profesora María do Mar López o funcionamento da Radio Escolar e fíxolle unha entrevista sobre a súa experiencia no noso centro, así como as similitudes e diferenzas atopadas entre o seu centro e o noso.
CONCURSO AUDIOVISUAL-COÑECE A COSTA DA MORTE
Traballo presentado polo alumnado do IES Maximino Romero de Lema ó III Concurso Audiovisual ANPAS GALEGAS – SOMOS RURAL.
PONTE NAS ONDAS
O mércores 26 de marzo emitiuse un programa de radio de maneira simultánea desde nove localidades de Galicia e Portugal, realizado polo alumnado dos correspondentes centros de ensino. Unha desas localidades, acollendo aos centros da Costa da Morte, foi Vimianzo.
Dende o IES Maximino Romero de Lema participamos tamén neste programa reivindicando o patrimonio cultural do concello de Zas.
Podedes ver a nosa participación dende o minuto 17:15 ata o 36:10.
PODCAST NO DÍA DA POESÍA
Feliz Día da Poesía!!
EL RAP QUE DESCONECTA
O alumnado de 1º de Ciclo Medio elaborou este rap para a 13º Concurso de vídeos "Adiciones: tu punto de mira".
CANCIÓNS DE NADAL EN FRANCÉS DENDE A RADIO NA BIBLIO
Dende a biblioteca, en colaboración co alumnado de francés de 4º de ESO e 1º de BACH, realizamos unhas cancións de Nadal en francés dentro do programa radio na biblio.
RADIO BAIO NO SAMAÍN
Se queres descubrir todo sobre o Samaín ou Sahaín, unha festa chea de maxia e misterio, que entronca coa herdanza céltica de Galicia, escoita o seguinte podcast feito por Alicia, Laura e Sabela de 3º da ESO.
Pinchade no enlace que está ao final da páxina!
ENTREVISTA A GUILLERMO RILO
Entrevista a Guillermo Rilo feita polo alumnado de 4º da ESO do Plan Eduemprende: Programa "Finanzas para mortais".
.preview.jpg)


