25 N: Todos colaboramos e nos manifestamos

O alumnado estivo colaborando coa elaboración de chapas e pulseiras como mostra do rechazo da Violencia de Xénero. Hoxe participaremos nun acto conxunto na praza do Concello.





25 NOVEMBRO

Ola, xa está a vosa disposición o novo espazo de  libros COEDUCATIVOS. Botádelle un ollo, e se algún vos interesa non dubidedes en pasar pola biblioteca a facer o empréstito.

25 N: SI É SI, NON É NON


15 de outubro: Día das escritoras

15 de outubro de 2018: DÍA DAS ESCRITORAS
A Biblioteca Nacional Española organiza este día en colaboración con diversas entidades, “ busca reivindicar o labor e a traxectoria das escritoras tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia”.
Así que é o momento perfecto para recomendar unhas cantas obras escritas por mulleres talentosas que calquera lector ávido debería zamparse polo menos unha vez na vida.



Encontro de clubs de lectura

Actividade do noso club de lectura cos clubs de lectura  IES Agra de Raíces (Cee) e o IES Fin do Camiño (Fisterra) o 15 de maio. Nós unímonos na ruta literaria en Malpica baseada na lectura de As aaventuras de Pelusa, de Xelucho Abella Chouciño.

Neste enlace tedes a reportaxe audiovisual froito deste encontro...


http://biblioestremonias.blogspot.com/2018/05/encontro-de-clubs-de-lectura.html







































ORLAS

Este é o segundo ano que fixemos a orla do Centro convidando a toda a Comunidade Educativa a participar. O curso pasado centrámonos na figura de Cervantes, e este ano na de Rosalía de Castro. Aquí vos deixamos unha mostra dos resultados.


Alguén é capaz de atoparse aquí?

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O Departamento de Matemáticas, xunto co seu alumnado colgou nun dos descansillos do Centro unha exposición de Fotografía Matemática moi interesante



ROSALÍA DE CASTRO

Adicamos todo o mes a Rosalía de Castro, e en especial o día 24 de febreiro.
Cada semana desenvolveuse unha actividade

1ª e 2ª  semana: Quebracabezas colaborativo






3ª e 4ª semana: cartaz de Rosalía co poema de Xan para deixar comentarios co poema Xan








 Como colofón colgaremos no centro un mosaico co Rostro de Rosalía de Castro composto de fotos de toda a comunidade educativa que quiso participar. A publicación deste traballo final vaise facer esperar un pouco

21 de febreiro: DÍA DA LINGUA MATERNA

Conmemoración deste día cunha escolma de textos na nosa lingua


14 de febreiro: O AMOR NAS LINGUAS




 Pequena escolma de caligramas feitos polos alumnos de 4º da ESO e de poemas nas distintas linguas

PAZ

Para conmemorar este día 30 de xaneiro, no Centro leváronse a cabo varias actividades.
Fixemos unha suxestión de lecturas, na que nalgún comentario participou o alumnado.















E tamén se colgou unha gran pomba onda os membros da comunidade educativa foron escribindo o seu lema:




Ursula K. Le Guin


Hoxe lle facemos unha pequena homenaxe a esta grande muller, creadora de mundos de ciencia fición e de numerososo "best sellers" (Berkeley, California, 1929 - 22 de Xaneiro 2018)

https://es.wikipedia.org/wiki/Ursula_K._Le_Guin



ESCHER

Maurits Cornelis Escher (Leeuwarden, Países Baixos, 17 de xuño de 1898-Hilversum, Países Baixos, 27 de marzo de 1972), foi un artista neerlandés coñecido polos seus gravados xilográficos, os seus gravados ao mezzotinto e os seus debuxos, que consisten en figuras imposibles, teselados e mundos imaxinarios.

A súa obra experimenta con diversos métodos de representar (en debuxos de 2 ou 3 dimensións) espazos paradoxais que desafían aos modos habituais de representación.

Así traballaron os alumnos de 2º da ESO coa profesora de Matemáticas