O ENTROIDO GALEGO

 O Equipo da Biblioteca co alumnado de FP Básica elaborou ao longo deste mes, este mural para o Entroido.

Recompilouse información e buscáronse imaxes sobre algúns dos personaxes do Entroido galego: peliqueiros, volantes, xenerais, merdeiros, etc. Fotografiaron doces típicos destas datas, como as filloas, orellas e rosquillas.

Podedes consultar máis información sobre o Entroido a través do código QR que creamos.








UN CORAZÓN CHEO DE LECTURAS

 Hoxe celebramos o día do amor, dende a Biblioteca, como estamos namorados dos libros e das historias que nos atrapan, entregamos un agasallo sorpresa ás 10 primeiras persoas que levaron un libro emprestado. O regaliño foi un portachaves en forma de corazón coa palabra “ler”. Este fermoso agasallo foi diseñado polo Equipo de Informática e feito coa impresora 3D. Desde aquí dámosvos as grazas pola vosa colaboración e creatividade.

💝💝💝















EN SAN VALENTÍN NAMÓRATE DUN LIBRO

 

Como se aveciña esta data na que se respira tanto amor, dende a Biblioteca recompilamos unha serie de libros, álbums ilustrados e películas de temática amorosa e montamos esta exposición que se pode ver na entrada do Centro.
Ademais, o día 14 de febreiro ás 10 primeiras persoas que leven un libro en empréstito recibirán un agasallo sorpresa!
💝💝💝








SEMANA DO ENTROIDO


O próximo luns comezamos coa semana de Entroido no noso instituto e esta é a proposta elaborada polo alumnado de 4º da ESO para celebrala.