Amosando publicacións coa etiqueta #díadapoesía24-25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #díadapoesía24-25. Amosar todas as publicacións

PODCAST NO DÍA DA POESÍA


Hoxe é o Día da Poesía, o Club de Lectura e máis oEquipo da Biblioteca convidámosvos a celebralo escoitando este podcast feito por Sabela Nogueira, de 3º ESO, coa colaboración de Sergio Pan, Marta Pose, Gabriel Pazos, Noa Castro, Cristina Santos e María Missaqui na nosa radio.
Feliz Día da Poesía!!

PODCAST DE RADIO NA BIBLIO



5 MOTIVOS PARA LER POESÍA


 

O MUNDO DENTRO DUN HAIKU

 O Equipo da Biblioteca invitou aos seus usuarios a realizar un fotopoema: cando visen unha paisaxe, unha realidade cotiá, un obxecto que lles provocase unha especial emoción, tiñan que tirar unha fotografía e escribir un haiku no que reflectisen os sentimentos sentidos.

A proposta tivo un gran éxito -entregáronnos máis de cincuenta fotos cos respectivos poemas- e para celebrar hoxe, 20 de marzo, o Día Mundial da Poesía, realizamos unha exposición que podedes visitar en distintos puntos do instituto.

Velaquí vos deixamos imaxes da mostra coas creacións artísticas das cousas sinxelas que forman o universo de bastantes alumnos e alumnas, de profesoras e, ata dalgúns pais e nais.

Animámosvos a conmemorar este día, LENDO e GOZANDO da POESÍA!