O alumnado de 1º de ESO preparou unhas lendas de medo terroríficas que contaron na biblioteca para celebrar o Samaín. Os integrantes do Club de Lectura ensaiaron coa súa coordinadora a declamación e a xesticulación para a posta en escea. Como agasallo recibiron un marcapáxinas pantasma luminoso feito co material de Polos Creativos. 🎃🎃🎃
SAMAÍN MAGOSTEIRO
Hoxe no 1º e 2º recreo celebramos o Samaín Magosteiro. Repartimos castañas asadas a toda a comunidade educativa. A iniciativa foi un éxito!
Os voluntarios da biblioteca participaron realizando o mural para esta festividade 🌰 🎃🌰
PORTAS GAÑADORAS DO SAMAÍN
Os gañadores das portas do Samaín recibiron hoxe un premio moi doce!!! 🎃🎃🎃
As portas premiadas foron:
- Literatura Universal por alumnado de 1º BACH A.
- 4º ESO.
- 1º ESO A.
- Departamento de Lingua Castelá.
TALLER DO SAMAÍN
Hoxe no 1º e 2º recreo tivemos o taller de origami de Samaín onde fixemos figuras de ilusións ópticas 🎃
Moitas grazas a profesora Luchy do Departamento de Matemáticas!!!PORTAS TERRORÍFICAS DO SAMAÍN
Aquí vos amosamos as portas terroríficas do Samaín do noso centro.
Fixeron un traballo excelente no que participaron as titorías da ESO, Ciclo Medio, as materias de Literatura Universal, Intelixencia Artificial, Proxecto Competencial e aula de PT. Ademais, tamén realizaron as portas departamentos como o de Lingua Castelá, Informática, Secretaría, Dirección, Orientación, Administración, Club de Lectura, Biblioteca e Plástica.
Estamos moi contentas co ben que se acolleu esta iniciativa e a alta partipación que houbo, polo que decidimos que en vez de 1 gañador haberá 3!!!
MURAL DO SAMAÍN
Comezamos a semana do Samaín amosándovos este mural feito ao longo do mes polo alumnado voluntario da Biblioteca.
Un mural terrorífico que completamos cunha exposición de albums ilustrados sobre a temática arrepiante que nos envolve estes días.
RADIO BAIO NO SAMAÍN
Se queres descubrir todo sobre o Samaín ou Sahaín, unha festa chea de maxia e misterio, que entronca coa herdanza céltica de Galicia, escoita o seguinte podcast feito por Alicia, Laura e Sabela de 3º da ESO.
Pinchade no enlace que está ao final da páxina!
DECORACIÓN DAS PORTAS DO SAMAÍN
As diferentes aulas do instituto tamén se animaron a participar no concurso de portas do Samaín organizado pola biblioteca. O luns teñen que estar acabadas!
VOLUNTARIOS TRABALLANDO NO SAMAÍN
Os voluntarios da biblioteca xa comezaron a traballar preparando o Samaín. Están debuxando un mural terrorífico!























