ALMUDENA GRANDES


A escritora Almudena Grandes faleceu este fin de semana aos 61 anos. Foi unha das figuras máis representativas da literatura española, con obras como Las edades de Lulú, Malena es un nombre de Tango ou a serie Episodios de una guerra interminable, nas que reflexaba o seu compromiso político co feminismo e a loita política de esquerdas.






LECTURA DO MANIFESTO DO 25N

 Acto de lectura do manifesto do 25N por parte do alumnado de segundo da ESO, no que tamén participou o alumnado de primeiro e de ciclo. O resto do centro, fixo o mesmo acto nas súas respectivas aulas. Ao final da lectura, rematamos cun minuto de silencio por todas as vítimas da violencia de xénero.





















POR TODAS AS VÍTIMAS

 A Biblioteca do Centro en colaboración cos distintos departamentos clausurou este día cun video conmemorativo no que compartimos  no Manifesto a nosa repulsa contra a realidade que estamos a vivir.

Este día debería desaparecer xa do noso calendario, e para logralo aportamos o noso gran de area.




MANIFESTO 25N


 Este é o manifesto que leron os alumnos e alumnas deste centro durante o día de hoxe.

Todos e todas loitamos xuntos no día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Sen medo desafiemos

o monstro que nos mata

Sen medo un simple xesto

coa forza da nosa man

E berremos para liberarnos

Sen medo SI Á VIDA.




Preme no seguinte enlace para ler o manifesto:

MANIFESTO 25N



CHAPAS 25N

 SI É SI, NON É NON

O alumnado voluntario da biblioteca estivo realizando durante varios días as chapas que entregamos no día de hoxe para conmemorar o 25N.

Todo o alumnado do centro recibiu cadansúa chapa.













TALLER ANDORIÑAS 25N

ANDORIÑAS VOANDO, LIBRES E XUNTAS
 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Outras das actividades realizadas para conmemorar o 25 de novembro, en colaboración co departamento de matemáticas, foi a participación neste taller de origami, na que o alumnado de 4º da ESO fixo unhas andoriñas, que posteriormente se colgaron nunha das portas da entrada ao instituto.




















DOMINÓ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O DOMINÓ DO 25N

O alumnado de relixión de 1º e 2º da ESO, en colaboración coa biblioteca, realizou este dominó contra a violencia de xénero. En cada peza de madeira escribiron unha frase significativa sobre esta conmemoración e decorarana, para todas xuntas formar un dominó xigante que preside a entrada do noso instituto.

Foi un gran traballo que coordinou a profesora Trini co seu alumnado.