Fai un selfie con Rosalía
Este curso contamos coa visita inesperada de Rosalía de Castro, por iso é que o Equipo da Biblioteca te convida a facerte un selfie con ela.
Non desaproveites esta gran oportunidade!
Fai un selfie con Rosalía
Este curso contamos coa visita inesperada de Rosalía de Castro, por iso é que o Equipo da Biblioteca te convida a facerte un selfie con ela.
Non desaproveites esta gran oportunidade!
Esta semana o noso recuncho refraneiro está adicado a metereoloxía destes meses 💦🌞🍀
😃😃😃Esperamos que vos gusten 😃😃😃
O conxuro do rap contra o virus fatal
O alumnado de Regueifa de 1º da ESO creou un rap en galego para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna. O Equipo da Biblioteca gravou a súa interpretación.
Deixámosvos co Rap do Coronavirus. 👀🎶🎧
PASAPALABRA DA CIENCIA EN FEMININO
Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia presentamos un novo concurso que elaborou o Equipo da Biblioteca en colaboración co Club de Ciencias do noso instituto.
Xoga con nós no Pasapalabra científico!
Animádevos a participar que o premio será a invitación a unha boa merenda na cafetería do noso centro!
O gañador da 63ª edición do Premio Biblioteca Breve foi o escritor Juan Manuel Gil pola súa obra
Trigo Limpio, unha novela na que narra a súa infancia nun barrio da periferia de Almería nos anos 90.
O xurado eloxia a capacidade de devolver a alegría ao lector nestes tempos de pandemia.
Estreamos un novo recuncho refraneiro no noso instituto no que colgaremos refráns populares adicados a cada mes do ano.
Comezamos con refráns do mes de febreiro 🎵🎵🎵
Esperamos que vos gusten 😊😊😊
Estes días temos no noso instituto esta exposición conmemorando o 135 aniversario do nacemento de Castelao.