No ano 1999 a UNESCO
aprobou a iniciativa de Bangladesh que o día 21 de febreiro se
declarase Día Internacional da Lingua Materna, para celebrar a
riqueza que supón a diversidadelingüística do planeta?
Desde o ano 2000 así
se vén celebrando; promovendo a transmisión xeneracional dos idiomas
locais, a pluralidade lingüística e cultural da humanidadae
O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poeta máis internacional. Con este motivo, o alumnado de FP Básica I gravou un video recitando algúns poemas da autora.
A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema celebrou o Día da Paz coa lectura de álbums ilustrados sobre esta temática. Velaquí tendes a alumnas dos clubs de lectura de 1º e 2º da ESO lendo a todo o alumnado do centro.
Que mellor lembranza deste día que a imaxe dunha nena lendo un libro!