ENTREVISTA EN RADIO BAIO AO CLUB VÍA LÁCTEA

 

Probablemente viras a alguén pola rúa ou polo parque camiñando cuns bastóns e pensarías que era un pouco estraño. Pero esa xente está practicando un deporte que se chama Marcha Nórdica. E aínda que parece sinxelo…. Resultou ser máis difícil do esperado e onde traballas a musculatura de todo o corpo!!

A marcha nórdica consiste en camiñar de maneira natural á vez que empregamos uns bastóns que nos axudan a impulsarnos coa axuda do balanceo dos brazos. Coa camiñata nórdica exercitamos o 90 por cento dos músculos do corpo. É apta para calquera persoa sexa cal sexa a súa forma física ou idade.

O alumnado do noso instituto tivo a sorte de poder ter un primeiro contacto con ese deporte gracias ao Club Vía Láctea.

En Radio Baio, a nosa emisora de Radio na Biblio, entrevistamos ás membros do Club Vía Láctea que nos acompañaron.

Velaquí o enlace do audio dunha pequena entrevista que lle fixeron algúns alumnos/as de 1º bacharelato.


ENTREVISTA




Queres estudar ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño?


 Toda a información en:

1m2 contra a basuraleza


 Toda a información en:

Probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores


 Toda a información en:

Subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís


 Toda a información en:

Premios extraordinarios de bacharelato


 Toda a información en:

Arranca a segunda edición do Día da Xuventude


 Toda a información en:

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

https://xuventude.xunta.es/component/k2/item/28307-probas-libres-para-a-obtencion-de-titulos-fp-loe-loxse


 Toda a información en:

Boletín de bolsas, axudas e subvencións


 Toda a información en:

Cursos FEMXA-Xunta de Galicia


 Toda a información en:

O Club de Lectura de 2º ESO conmemora o Mes do Libro no IES

 

O Club de Lectura de 2º ESO conmemorou o Mes do Libro lendo cada membro un álbum ilustrado que tiñan que presentar ao resto dos compañeiros/as durante o mes de abril. Finalmente sacamos unha foto na que aparecen todos os membros co álbum ilustrado escollido e no que debían aparecen cun(-s) obxecto(-s), elemento... importante na historia ou caracterizados como un dos personaxes principais.




A NOVA PROMESA DA NOVELA NEGRA EN GALEGO PECHA O MES DO LIBRO NO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

 

Irene Rega Jul puxo o broche final á VI Edición do Mes do Libro organizado polo noso Equipo da Biblioteca. Ante o alumnado de 4o ESO e do Club de Lectura de 1o Bach e 1o CM, a autora de A malferida definiu este libro como unha novela negra que escribiu coma un xogo e que, por animación familiar, decidiu presentala ao Premio Illa Nova de Narrativa coa agradable sorpresa de resultar gañadora. Para a súa escrita inspirouse en novelas negras e policíacas como Ollos de auga de Domingo Villas ou Plenilunio de Muñoz Molina.

A malferida, no que a intriga é o elemento fundamental, ten como eixe central o tema do acoso e, como comentou a autora, quixo poñer o foco na persoa que o sofre, pero sen deixar de lado as persoas que a rodean, tanto os acosadores, como aqueles que co seu silencio se converten en cómplices. Neste sentido na novela lanza moitas mensaxes sobre a necesidade de concienciarnos para acabar con esta lacra.

A autora respondeu ás numerosas cuestións e curiosidades do alumnado sobre A malferida e sobre Tecendo redes, Premio Vilar Ponte 2022, lida no club de lectura. Algunhas das preguntas centráronse no proceso da escrita e, como había presentes alumnos e alumnas que participan nun taller de escritura creativa no centro, Irene deulles algúns consellos e rematou animándoos a que participasen en concursos literarios.

Rematamos a xornada literaria coa sinatura de exemplares e o agradecemento á autora por achegarse ao noso centro dende terras tan distantes como é a mariña lucense.

De novo, e mais unha vez, a VI Edición do Mes do Libro do noso centro educativo pon de relevo que a lectura abre horizontes e permite ir conformando a nosa identidade a través das preguntas que sempre se abren cando lemos un libro. A participación do alumnado demostra que cómpre seguirmos coa defensa e promoción do libro en galego.











AS NOVAS FORMAS DE ANIMAR Á LECTURA CHEGARON DA MAN DE VIOLETA MELÉNDREZ

  


 Novo mundo, novas formas para achegarse á lectura en papel a través das redes sociais, iso é o que representa Violeta Meléndrez, unha das referencias galegas entre as influencers que presenta ao seu público libros de literatura infantil e xuvenil e que hoxe nos visitou ao IES Maximino Romero de Lema. En concreto, Violenta Meléndrez usa a rede de Instagram para crear un ambiente positivo ao redor dos libros que escolle e favorece que a curiosidade permita consolidarse nun achegamento real de novos lectores e lectoras a libros físicos.

    Cristina Soto, amiga da bookstagramer e exalumna do noso centro foi a encargada de presentarlla ao alumnado de 3ºESO e 1º FPB. Violeta, que confesou ser unha gran lectora, dixo que os seus contidos xiran sobre as súas lecturas. Deu a coñecer a súa conta de instagram (@littera_lupa), rede na que máis publica e na que fai reseñas en galego.

Comentou que adoitaba publicar fotos dos libros con elementos da natureza e amosounos varios exemplos. Explicou como funcionaba o club de lectura do que forma parte e que conta con 13 membros fixos, pero que son moitos máis. Un club de lectura no que len e comentan cada certo tempo un libro a través dunha conta de telegram. Unha das actividades que puxo de relevo é lanzar retos cada mes a través da lectura que se propón: un libro cun gato na portada, autora latinoamericana, libro epistolar, literatura infantil, literatura de medo, obra teatral... son algúns exemplos dos retos deste ano.

    Facilitounos tamén varias contas de instagram que son auténticos escaparates de lecturas variadas no que destacan nomes de referencia galegos: @delibrosalibres, @libroscontos, @mazadahorta, @neeumatiko @surfeandolibro... dedicadas á crítica literaria destacando os seus contidos e o que máis lle gusta de cada unha delas.

Para finalizar recomendou tres libros que máis lle chegaron ao corazón e falou dos aspectos que máis lle gustaron: Que me pare o corazón de Andrea Maceiras, Un elefante na sala de estar de Berta Dávila e Nom estamos quebrades de Nee Barros.

Saudamos a presenza destas canles e desexamos que sirvan para defender, protexer e renovar o interese pola lectura do libro en galego.












Irene Mira debulla a arte da ilustración


 

    O IES Maximino Romero de Lema segue coa programación do VI Mes do Libro e hoxe foi a quenda do alumnado de 1º ESO que tivo a sorte de recibir a visita da ilustradora, Irene Mira, que foi alumna do centro.

O Xefe de Estudos, Pablo Balsas, presentou o acto con especial ilusión polo agarimo que lle ten. Acto seguido Irene Mira introduciu o obradoiro explicando como chegou a dedicarse á ilustración. Contou como no instituto sempre pensou en Medicina, pero acabou estudando Enxeñería de Deseño Industrial. Ao mesmo tempo que traballaba de enxeñeira formouse en deseño de personaxes 3D e animación e, finalmente, decidiu retomar a súa paixón que é o debuxo e estudou un ciclo de ilustración. E aí deuse conta de que ese era o mundo que lle gustaba: hoxe en día traballa nunha empresa que se dedica ao deseño gráfico. A súa arte impregna varios libros publicados para un público infantil.

Irene Mira destacou a importancia da ilustración que, ademais de reforzar o texto, achega novos matices que non se advirten na escrita. Explicou o proceso da ilustración que leva a cabo a través do seu traballo en Pituca en busca da súa identidade. Primeiro: pensar a historia e compartimentala nas ilustracións coas que se conta o libro. Segundo: estudar os personaxes. Terceiro: levar a cabo o story board, isto é, os bosquexos da historia dun xeito sinxelo para ver como se distribúen as páxinas. En cuarto lugar estaría a creación de cada ilustración e finalmente estaría a maquetación: a colocación do texto en cada páxina e a preparación de todos os arquivos para mandar a imprimir.

Rematou o obradoiro pedindo a todo o alumnado que debuxara unha ilustración seguindo unhas pautas.

Desde o IES desexamos agradecer a amenidade da súa intervención e acompañamos a súa presenza con fotos do grupo como lembranza do seu paso polo noso centro.