Furia de María Reimóndez

 

    O Club de Lectura de 4º ESO, 1º BACH e C M de Informática comezamos lendo o libro Furia de María Reimóndez.

    Este libro serviunos para coñecernos mellor, e ao ir avanzando na lectura e comentar as nosas impresión iamos creando lazos de confianza e perdendo a nosa timidez.

    O libro, que nos fala de Cecilia, unha rapaza de dezaseis anos á que lle morre a nai e non sabe xestionar as súas emoción, atrapounos de tal xeito que o lemos case de corrido e desexavamos reunirnos para poder comentalo.