A lingua é un espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e preocupa en cada momento a cadaquén, a todos e todas como sociedade. O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, como tan claro nos queda nestes tempos pandémicos, o público e o privado conflúen. Por iso escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos...
Como participar?
Primeira fase. Recoller as vosas suxestións (xa pechada). As palabra elexidas nesta fase son:
Cibercarracho, -a
Cooficialidade
Educación emocional
Feitiño, -a
Dereitos humanos
Biodiversidade
Segunda fase. Podes votar pola túa palabra favorita ata as 23:59 horas do luns 25 de decembro.
Terceira fase. O mércores 27 de decembro desvelarase que voz elixistes como Palabra do Ano 2023.
Cal é a túa favorita?