CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 

O Club de Lectura de Adultos, reunímonos ao redor da nosa poetisa Rosalía de Castro para rememorar o seu día, que foi o pasado 23 de febreiro. Grazas Rosalía polo teu legado.

A continuación, na Biblioteca conversamos ao redor da novela da escritora francesa Delphine de Vigan, As gratitudes.

Unha conmovedora novela que nos convida a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable, a empatía e que nos invita a pensar sobre a nosa vida.

Un libro moi emotivo, que te fai reflexionar, sobre todo do que ninguén vai escapar: a vellez, do importante que é ser agradecido, agradecer a todas as persoas que foron e son importantes nas nosas vidas. 

Son os agradecementos os que unen aos tres personaxes (Michka, Marie e Jérôme) cuxas historias se entrelazan nesta deslumbrante novela e que por suposto aconséllamos ler.









Concursos de video, Tik Tok e Instagram "Adicciones: tu punto de mira"


 Toda a información en:

Primavera Xove 2024



 Toda a información en:

Bolsas Bogliasco (Italia)


 Toda a información en:

Concurso de Fotografía polo Día Internacional das Mulleres


 Toda a información en:

O CALDO DE ROSALÍA

 O membros do Club de Lectura e o alumnado de 1º de ESO secundaron a iniciativa de "O caldo de Rosalía, a épica dos humildes" da Fundación Rosalía de Casto cun podcast e un vídeo co poema recitado e fotografías caseiras do caldo humilde do poema "Miña casiña, meu lar”.



HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

 A biblioteca únese a celebración do Día de Rosalía facéndolle unha homenaxe a nosa escritora galega máis universal.

Agradecémoslle a Damián Fernández Miñones, membro do Club de Lectura, por facer este magnífico debuxo a carbón de Rosalía de Castro. Tamén as nosas grazas polo xardín de flores simétricas confeccionadas polo alumnado do Club de Lectura e voluntari@s da Biblioteca en colaboración co Departamento de Matemáticas.






OBRADOIRO PONTE NAS ONDAS

 


Dentro do proxecto Radio na escola, onte tivemos a oportunidade de achegarnos ao mundo da radio e dos podcast da man de Damián Alonso. Pola mañá impartiu un obradoiro ao alumnado de 2º e 3º de ESO no que introduciu os conceptos básicos da edición do son e do funcionamento dun programa de edición; indicou como se prepara a escaleta dun programa de radio, incluíndo técnicas e recursos específicos; traballáronse certas técnicas de dicción e de comunicación radiofónica; amosou os aspectos técnicos da emisión e gravación dun programa de radio e, por último, os asistentes puxeron en práctica estes coñecementos elaborando un programa de radio no que, por parellas, falaron de asuntos de interese, de actualidade, entretemento, etc.

Esta programa podemos escoitalo no seguinte enlace.

Pola tarde foi a quenda do profesorado, que guiados de novo por Damián Alonso, permitiunos iniciarnos no marabilloso mundo da radio.

Tanto para o alumnado como para o profesorado, este obradoiro axudounos a “perderlle o medo” á radio, espertando a nosa curiosidade, creatividade.. e, quizais tamén, a vocación cara a este medio de comunicación no futuro.












23 DE FEBREIRO...DÍA DE ROSALÍA

23 DE FEBREIRO...DÍA DE ROSALÍA


Rosalía de Castro nace en Santiago de Compostela o 23 de febreiro do ano 1837, sendo bautizada cos nomes de María Rosalía Rita.

En 1856 trasládase a Madrid, alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e máis a novela La hija del mar (1859).

En 1863 apareceu (en Vigo) o seu primeiro grande libro, Cantares Gallegos, sen dúbida a base de todo o rexurdimento literario e non literario da Nosa Terra.

A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid. En 1884 publica en castelán En las orillas del Sar.

Rosalía nunca foi unha muller forte e en 1885 agrávase o cancro que padecía, por iso decide pasar unha tempada en Carril, na ría de Arousa, xa que antes de morrer quería ver o mar. Aos 48 anos, o día 15 de xullo de 1885, morre en Padrón, onde levaba tempo morando, na casa da Matanza que hoxe está convertida en museo.

Foi enterrada no cemiterio da Adina, na igrexa parroquial de Iria, á que ela cantara nuns preciosos versos de Follas Novas.

O 25 de maio de 1891 os seus restos foron trasladados á igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago, ao Panteón de Galegos Ilustres, onde repousa na actualidade.

No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición, e o 23 de febreiro está recollido oficialmente como día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación.

Nas seguintes ligazóns podedes escoitar algúns dos poemas musicados de Rosalía:

Tamén podedes facer o CALDO DE GLORIA, seguindo as instrucións que dá Rosalía no seu poema.  Participa nesta iniciativa da Fundación Rosalía de Castro.




ENTROIDO NA BIBLIOTECA

 Esta semana celebramos unha das nosas celebracións máis preciadas, o Entroido.

Cada día o alumnado veu disfrazado de diferentes cousas.

O luns e martes os desfraces elexidos foron vir có pixama e de deportistas.


O mércores e xoves tocoulle a quenda aos anos 80 e a xente elegante.



E o venres a temática foi libre, ainda que o profesorado veu de algún personaxe literario!!!










ENTROIDO EN RADIO BAIO

 

Hoxe presentamos en “Radio Baio” a Laura e Alicia, de 2º da ESO, que nos achegan información e curiosidades sobre o Entroido en Galicia, unha das maiores riquezas do noso patrimonio etnográfico e cultural, que nos permite amosar o mellor da nosa terra. 🎭


Escoitade o que nos contan na seguinte ligazón: Radio Baio

Concurso “Mujeres Ingeniosas en Corto”


 Toda a información en:

Concurso "Mujeres Ingeniosas en Cómic"


 Toda a información en:

Concurso de carteis "Salón del Manga de Lorca"


 Toda a información en: 

Concurso de fotografia en instagram de Galiciencia


 Toda a información en:

Cooperativa xuvenil. Axudas á mocidade para o emprendemento en economía social


 Toda a información en:

Subvencións a veciños e a mulleres rurais


 Toda a información en;

Boletín de bolsas, axudas e subvencións


 Toda a información en:

Carné Xove no teu teléfono móbil


 Toda a información en: