CONCURSO FOTOGRÁFICO DO DÍA DO LIBRO

 

O próximo martes 4 de xuño coñeceremos aos 3 premiad@s do concurso de fotografía do Día do Libro 📕

Teredes que acudir no 1º recreo á biblioteca para saber aos gañador@s.







INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DE NATUREZA

    Gozar do espazo natural e saber observar é esencial para saber que podemos fotografar e de que maneira. Con este obxectivo dende a Biblioteca organizamos o taller de Iniciación á fotografía de natureza impartido polo cormelán Andrés García, mais coñecido por Drew Korme e gañador do certame internacional Milky Way Contest da web 35 Awards grazas a unha imaxe da Vía Láctea sobre o faro Roncudo e enriba da máxica Mar de Ardora.

    No percorrido que hai entre o Centro e a Carballeira de Baio, o alumnado de 2º ESO puido potenciar o uso do teléfono móbil para realizar fotos de excelente calidade. Andrés explicou a técnica do macro, a do enfoque próximo, a regra dos 3 terzos e sinalou outras pautas do retrato paisaxístico. Despois da descrición de cada técnica, os rapaces e as rapazas contaban cun breve tempo para poñela en práctica e preguntar dúbidas. Tamén lles comentou que non deberían usar o modo automático do móbil, que deberían traballar en manual, aprendendo a usar a intensidade, a iluminación...

    Foi unha actividade de nivel moi básico, que tiña como obxectivo dar a coñecer o mundo da fotografía da natureza e achegar unha base para empezar a descubrilo. Cremos que se cumpriu e que poderán levar á práctica o aprendido, e así sacar partido artístico aos paseos polo campo.

















Encontro do Club de Escritura con Antía Yáñez


 

Como todos os mércores o os xoves, o Club de Escritura continúa a reunirse e a traballar no seu proxecto, pero este mércores contou coa presencia de Antía Yáñez, quen conversou co alumnado e profesorado que o conforman. Tiveron a ocasión de comentar as  diferentes técnicas de redacción, concursos literarios...  Animounos participar e a continuar con esta gran iniciativa posta en marcha por iniciativa dalgún alumnado do Club de Lectura Baiolendo este curso.










QUEBRACABEZAS DAS LETRAS GALEGAS

 Dentro das actividades que realizamos para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano se adicou a Luisa Villalta, fixemos este quebracabezas co material e recursos de Polos Creativos.









MANUALIDADES SOBRE AS LETRAS GALEGAS

 O alumnado de Pedagoxía Terapéutica realizou este traballo para conmemorar o Día das Letras Galegas en colaboración coa nosa biblioteca.













FOTOMONTAXE: FRAGMENTOS E MOSAICOS

 Rosa Neutro, destacada artista visual e fotógrafa, achegouse ao noso centro para impartir o obradoiro Fragmentos e mosaicos. Unha aproximación ao concepto de identidade a través do collage e o fotomontaxe ao alumnado de 1ºBACH.

Na primeira parte do taller, teórica, visionaron o traballo de mulleres artistas incluído o seu. Con respecto a este último, ensinou algunhas das súas fotomontaxes a partir de fragmentos e en branco e negro dos que foron xurdindo as Divas do cine negro; personaxes femininas sen rostro, despoxadas de individualidade, da beleza e liberadas da súa condición de obxectos de desexo, para presentarse como figuras fantasmagóricas que non proxectan a súa mirada sobre o espectador, senón sobre si mesmas, amosándonos aquilo que oculta a beleza.

Tamén falou da mostra realizada con cascallos e recollida en Pequena enciclopedia de fotografía (fragmentada) na que reflexiona sobre a infrarrepresentación das mulleres da arte e a necesidade de que formen parte activa, como autoras, da historia da fotografía. Agradecémoslle o exemplar do libro deste traballo que deixou na biblioteca.

Na segunda parte do obradoiro foi o alumnado quen reconstruíu retratos de mulleres, proporcionados por Rosa ou recollidos en revistas e xornais, con pequenos obxectos que trouxeron da casa, material reciclado, fío, cartolinas... converténdose eles e elas en artistas abraiados polo súas propias creacións.

O Equipo da Biblioteca agradece a Rosa Neutro que aceptara realizar este obradoiro nos que impregnou aos/ás estudantes de arte galega feminina centrada na fotografía.  















Obradoiro Creación Literaria e Natureza


 Toda a información en: