Amosando publicacións coa etiqueta nadal 2024. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nadal 2024. Amosar todas as publicacións

A BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN MOI BO NADAL


 

OBRADOIRO DE GALLETAS DECORADAS DE NADAL

    O Equipo da Biblioteca non atopou mellor maneira para despedir o primeiro trimestre que facelo dun xeito doce, e por iso organizou este Obradoiro de galletas decoradas de Nadal guiado pola coordinadora do Club de Lectura, no que profesor@s e alumn@s voluntariamente participaron.
    Foi este un obradoiro que gustou moito, todos os que quixeron, puideron facer a súa galleta de Nadal. Houbo quen a fixo para el/ela e quen a fixo para regalala.
   


















LER NO NADAL TIVO PREMIO

 Hoxe por fin soubemos quen foi a persoa gañadora entre @s nos@s lectores. 

Fóchedes moitos os que participáchedes, pero a sorte recaeu en...

PARABÉNS, LETICIA!!!

CONCOURS DE CARTES POSTALES



O Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Francés organizou un concurso de postais navideñas na que participou o alumnado de 1º ESO. A elección dos tres gañadores non foi fácil, aquí tedes o marabilloso resultado deste gran traballo.
E estes foron os gañadores:




 Parabéns a tod@s!

Finaliza a campaña solidaria de recollida de alimentos no IES Maximino Romero de Lema

 

    Durante o mes de decembro os correspondentes xuvenís en colaboración coa Biblioteca, desenvolveron unha campaña de recollida de alimentos co motivo do Nadal para repartir entre as familias necesitadas. A Comunidade Educativa demostrou a súa solidariedade cos máis desfavorecidos a través dos alimentos depositados na caixa que había na entrada, e finalmente hoxe fixéronlle entrega dos mesmos a Carme e a Paco, voluntarios de Cáritas, que foron os encargados de levalos á sede para o seu posterior reparto entre aqueles que máis o precisan.


    Esta iniciativa tiña como obxectivo a sensibilización de todos e de todas nós nestes momentos de dificultade para moitas familias, pero tamén botar unha ollada crítica sobre a sociedade actual na que cada vez hai máis persoas con problemas para cubrir as súas necesidades básicas.


    Imaxinemos un Nadal para todos e todas. É posible se todos e todas achegamos o noso gran de area.



XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA AO REDOR DUN CHOCOLATE QUENTIÑO


    Un ano máis o Club de Lectura Baiolendo reúnese ao redor dun chocolate para seguir coñecéndose e compartir as obras lidas neste primeiro trimestre.
    Foi un rato tempo moi ameno e doce onde todos e todas gozamos da boa compañía e do noso gusto pola lectura.
    Con rapaces e rapazas como vós un namórase cada día máis da lectura.

Bo Nadal e disfrutade das novas lecturas!!!

Estes foron os nosos colaboradores para que todo estivese ben preparado e a punto.