DÍA DA PAZ 2021

O 30 de xaneiro celébrase o día da paz e o alumnado do IES Maximino Romero de Lema escribiu cadansúa mensaxe neste precioso mural. 

Un mundo cheo de mans unidas!



FÍO MUSICAL

Pronto comezaremos a desenvolver de novo o fío musical do noso instituto 😁

Dende a biblioteca, cada dúas semanas escolleremos  catro cancións de música en galego que soarán na entrada, na saída e nos recreos 🎧𝄞𝄞

Ademais, para saber que música estamos a escoitar publicaremos nun dos taboleiros da biblioteca e no noso Blog a  información dos discos e das cancións que nos acompañarán durante o periodo de dúas semanas 👀




PREMIO NADAL 2021

 A gañadora da 77ª edición do Premio Nadal foi a escritora  Najat el Hachmi pola súa novela El lunes nos querrán, un relato da busca da liberdade por parte de dúas mulleres que medran nun barrio que condiciona as súas vidas e se lles pon todo en contra para alcanzar os seus soños.