XA CHEGOU O SAMAÍN AO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA!!

 Ao remate deste mes de outubro, en concreto, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, celébrase o Samaín e dende o Equipo da Biblioteca organizamos un "Concurso de chíos de terror". A continuación deixamos explicadas as bases no seguinte documento:

Animámosvos a participar, tedes de prazo ata o martes, 3 de novembro!!😉

Deixamos por aquí algunha fotiño de como decoramos a biblioteca, vide visitala que hai máis sorpresas...





 

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Outra das actividades que o Equipo da Biblioteca levou a cabo o venres 23, aproveitando a conmemoración do Día das  Bibliotecas escolares, foi a entrega de premios dos concursos de lectura e de imaxes que se fixeron o curso pasado. Debido ás circunstancias nas que nos atopamos, os gañadores non puideron recibir os seus agasallos presencialmente ao remate do curso, polo que dende o Equipo da Biblioteca decidimos esta fecha para facer a súa entrega.

No seguinte documento aparecen os premiados e as fotografías do Concurso de fotografías: Imaxes para ler, ler para imaxinar

A continuación deixamos algunhas fotos dos premiados e premiadas recibindo os seus agasallos!😉



















NORABOA A TODOS OS GAÑADORES E GAÑADORAS!!

Por outra banda, Claudia Lema proclamouse gañadora do concurso de lectura Nós lemos en galego, e ti? organizado dende o Equipo da Biblioteca xunto coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Esta alumna chegou a ler até unha vintena de libros durante o curso escolar, feito polo que o venres foi premiada por partida dobre.


Na seguinte imaxe podemos ver como Claudia xa estrenou o seu Ex libris! 


NORABOA CLAUDIA! A SEGUIR LENDO!



24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

    O venres 23 de outubro no IES Maximino Romero de Lema celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS. 

Dende o Equipo da Biblioteca aproveitamos a ocasión para levar a cabo a formación dos novos usuarios, en especial dos de 1º ESO, que dadas as circunstancias actuais se tivo que facer en varias quendas. 


ENCONTRO CON HÉCTOR POSE

Este xoves, 8 de outubro, tivemos a sorte no IES Maximino Romero de Lema de contar coa presenza do profesor universitario e escritor Héctor Pose,convidado polo Equipo da Biblioteca, no marco das actividades desenvolvidas arredor da exposición Boix, o fotógrafo do horror.  

No acto, presentado pola nosa compañeira Elisa Franco, Héctor Pose narrou o periplo vital de tres malpicáns que, fuxindo da represión da posguerra española, remataron internados no campo de concentración Mauthausen, recollido no seu libro  Aquela xente digna.

O autor contou, de xeito conmovedor e moi pedagóxico, o que supuxo a terrible experiencia desta persoas que se viron na obriga de exiliarse en barco de Malpica para escapar dunha morte probable pola súa militancia política. Soubo manter a tensión e emocionar o alumnado que ía poñendo nome ás fotografías de Boix, permitíndonos así poñer en contexto as imaxes.

        Nuns días a exposición Boix, o fotógrafo do horror, marchará con destino ao Mediterráneo pero non sen antes deixar na Comunidade Educativa do IES Maximino Romero de Lema unha profunda reflexión sobre o que supuxo o contexto bélico da Guerra Civil Española e da Segunda Guerra Mundial, fondamente interrelacionadas e que permiten afondar no que nos debe definir aos seres como humanos.



O Club de Lectura ponse en marcha


 

O FOTÓGRAFO DO HORROR

    A visita á exposición de Francsico Boix, o fotógrafo de Mathausen, espertou no alumnado a capacidade de reflexionar sobre a crueldade e a dureza vivida nos campos de concentración. Como mostra dos traballos realizados queremos compartir estas palabras escritas por Noa Lema, unha alumna de 2º de Bacharelato.

ADEUS A QUINO, O CREADOR DE MAFALDA!!

 Onte, 30 de setembro, despedimos a Joaquín Salvador Lavado Tejón, coñecido como Quino. Foi un humorista gráfico e historietista arxentino e sen dúbida algunha a súa obra máis representativa é a tira cómica de Mafalda. 

 Déixanos para a lembranza viñetas como a seguinte, coa que nos sentimos identificadas. 

Grazas por facernos disfrutar coas túas palabras!