DÍA DE ROSALÍA

Dende a Biblioteca , conmemoramos o Día de Rosalía con este vídeo, no que o alumnado do noso centro recita varios dos poemas da poetisa e escritora galega, recollidos no seu libro "Follas novas".



VIDEO DA ESCURIDADE Á LUZ

Video da Exposición Fotográfica coordinada polo Equipo da Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema, incluída no Contrato Programa Innova de Fotografía que se está a desenvolver no Centro.







EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “DA ESCURIDADE Á LUZ”

                            DA ESCURIDADE Á LUZ

            Entre a violencia e a paz, a forza da educación

Onte inauguramos no Centro unha exposición cun carácter moi especial pola temática que trata e porque foi ideada, coordinada e elaborada dende Biblioteca. Nun tempo en que observamos como os berros de guerra ou a violencia estouran todos os días ofrécese como contraste educativo o da non violencia, o da resolución pacífica dos conflitos e o diálogo. Cómpre insistir en que un centro educativo debe ofrecer solucións, e iso fai esta exposición ao confrontar o lado negativo da violencia, expresado a través de 16 paneis fotográficos en branco e negro, fronte á cultura de paz que se manifesta noutros 16 paneis fotográficos realizados en cor. Todos os paneis contan con pequenos textos que teñen a vontade de facer reflexionar e de apoiar o que reflicten as fotografías. O alumnado é o gran protagonista xa que nas 32 imaxes, a través dos seus xestos e dunha axeitada recreación das situacións, somos quen de comprender moi ben a mensaxe que pretende transmitir cada un dos paneis informativos.

A guerra, a tortura, os crimes por razóns de orientación afectivo sexual, a persecución por motivos relixioso, os asasinatos machistas e a trata de persoas, a experiencia negativa, e en moitas ocasións dolorosa da migración forzosa, a infancia devorada por todas estas violencias, son situacións a erradicar: Por iso a necesidade de confrontar os problemas e as posibles solucións.

A sensibilización sempre é necesaria para axudarnos a reflexionar sobre o devir do mundo. Ás veces, en demasiadas ocasións, semella que todo depende do lugar do mundo onde nacemos para que a nosa traxectoria vital sexa unha máis afortunada ou non.

Exposicións coma esta que nos levan a viaxar da escuridade á luz axudan nesa misión educativa e pedagóxica. O alumnado visitaraa cunha guía para comentar todos estes aspectos e estará aberta a todo o público que a desexe gozar en horario lectivo. Esta actividade inclúese no Contrato Programa Innova de Fotografía que se está a desenvolver no Centro e no que participan todo o Equipo da Biblioteca.










ORIGAMI DE SAN VALENTÍN

 O luns no primeiro e segundo recreo fixemos o taller de origami de San Valentín, no que o alumnado realizou un marcapáxinas e unha caixiña en forma de corazón.

Esta actividade foi posible grazas a colaboración do Departamento de Matemáticas, xa que foi unha das profesoras desta materia a encargada de impartir este taller.












ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE SAN VALENTÍN

 Hoxe pola tarde entregamos os premios do concurso de fotografía de San Valentín, no que valoramos tanto a fotografía como o texto presentado.

Todas as fotografías dos participantes están expostas nun mural enfronte da biblioteca.

Parabén aos premiad@s!

                   CATEGORÍA 1º e 2º da ESO


                CATEGORÍA 3º, 4º e FP BÁSICA


            CATEGORÍA 1º e 2º de BACHARELATO 




CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE SAN VALENTÍN

 O concurso de fotografía de San Valentín foi un éxito. As fotografías e os textos entregados foron de moi boa calidade e @s gañador@s distribuíronse do seguinte xeito:

Na categoría de 1º e 2º da ESO as premiadas foron: Lara e Elsa.

Na categoría de 3º, 4º e FPBásica as premiadas foron Sheila e Noelia.

E na categoría de 1º e 2º de Bacharelato os premiados foron Lucía e Pablo.

Grazas a tod@s por participar.



CONFERENCIA DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

                    NA BIBLIOTECA APOIAMOS A CIENCIA EN FEMININO

Dende a biblioteca organizamos co motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia,unha conferencia para o alumnado de 1º de Bacharelato que foi impartida por Gemma López Rojoenxeñeira de Camiños, Canais e Portos, e investigadora dCentro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil(CITEEC ) 


Comezou a súa charla contando a súa experiencia persoal e lembrando os referentes femininos que lle axudaron a chegar a onde está; a continuación centrouse no seu campo de investigación: o mundo formigón e da construción sostible.

 

Sabiades que o formigón é o material máis empregado no mundo despois da augaPois si, de aí a importancia de realizar estudos para obter formigón de calidade que non contamine. A científica explicou como crear formigóns seguros a través da reciclaxe, entre outros, de construcións e demoliciónsde determinados residuos industriais, das caixas de poliespan nas que se transporta o peixe fresco ou das cunchas de mexillóns -lembremos que Galicia produce unhas 250.000 toneladas ao ano-.


Á vez que amosaba fotos dos distintos formigóns obtidossinalaba as diferentes propiedades que presentaban segundo os compoñentes utilizados e, mesmo nos sorprendeu cunha foto dunha pequena construción realizada con formigón que contiña cunchas de mexillóns.


Como sinalou a investigadora é necesario conseguir un xeito de vida sustentable, aquel que permita cubrir as nosas necesidades sen prexudicar ás xeracións que veñen atrás. Por iso hai que seguir investigando na procura de novos recursos reciclando os residuos para seguir producindo nun sistema de economía circular.


Resultou unha charla moi interesante, sorprendentepedagóxica e que permitiu que a Biblioteca sexa unha vez máis unha fonte de aprendizaxe científica a así conseguir ser un piar fundamental no proxecto educativo do centro.















DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e para conmemorar esta data, elaboramos esta exposición de libros situada na entrada no noso centro.







DÍA DE EDUARDO PONDAL

 O 8 de febreiro de 1835 naceu Eduardo Pondal. Para conmemorar esta data, na entrada do noso centro hai unha exposición con algúns dos seus libros.

Nesta xornada queremos recordar ó Bardo de Bergantiños co seu poema máis coñecido e que conforma o himno de Galicia: Os pinos.

¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.








CLUB DE LECTURA 2º ESO

 O alumnado do club de lectura de 2ºda ESO rematou de ler o libro  "A filla do ladrón de bicicletas”de Teresa González Costa . Fotagrafiamos a todo o grupo cuns elementos característicos desta obra, unha bicicleta e unhas sombrillas.