Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións

PREMIOS ÁS VASOIRAS MÁIS ARREPIANTES

Dende a Biblioteca fíxose a entrega de premios ás Vasoiras máis arrepiantes.

A gañadora por unanimidade foi a deseñada pola alumna de 2º ESO, Sara Mira Méndez. 

Moitos parabéns pola súa creatividade!





O segundo premio estivo moi igualado e recaeu en Aldara Trillo Canto (1º ESO), Rubén Gándara Castro (2º ESO) e Omar Rodríguez Senande (1º ESO).

Moitos parabéns aos catro; realmente foron unhas VASOIRAS ARREPIANTES!!! 







Vésperas do Día de Defuntos na Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema

O pasado martes, 31 de outubro, co gallo do Samaín excelentes intérpretes de 1º e 2º de ESO realizaron lecturas dramatizadas na Biblioteca. Leron contos e lendas tradicionais arredor da morte que lles transmitiron no seo da familia ou orixinais deles e delas. Mortos, aparecidos, pantasmas... acompañáronos durante a sesión nas que houbo algún que outro sobresalto, arrepío, medo por parte do público asistente... mais tamén un pequeno agasallo que unha leda caveira ofrecía a quen participaba.

Velaquí vos deixamos o arquivo fotográfico no que aparecen os/as principais protagonistas para revelarlle a todas as persoas do Aquén o acontecido nesta sesión de literatura oral.



FELIZ SAMAÍN! Concurso de cabazas con temática animal


    O pasado martes 31 de outubro o Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Inglés, celebrou o concurso de cabazas de Samaín con temática animal. Foron moitas as ideas orixinais que se viron nas creacións das cabazas por parte dos participantes, mais só se concedían dous premios.
 Estes foron para a cabaza máis grande (“Scary Cat” de Hadrián Otero Nieto e Andrea Pastoriza Lema, de 2º BACH) e para a cabaza máis pequena de todas (“Black Bat” de Daniela Vázquez Vázquez, de 1ºESO). Os regalos sorpresa personalizados foron todo un éxito, así que esperamos aínda máis participación nos próximos concursos!


Felicidades a tod@s polo voso gran traballo!

"Scary cat"

"Black Bat"


 



SAMAÍN 2023

    Aquí estamos un ano máis celebrando o tan esperado Samaín  protonizado por cabazas, pantasmas, morcegos... 

    Contamos cunha gran selección de libros e películas con temática de medo e terror  a disposición de toda a Comunidade Educativa. 

    Como somos grandes defensores do Plantea, este curso contamos cun Aparcadoiro de Vasoiras terroríficas, e como non, cun concurso das mesmas para ver cal ía ser a máis terrorífica.

 



SAMAÍN TERRORÍFICO

 Esta é a proposta que vos facemos desde a biblioteca para festexar o Samaín 👻🎃


Samaín





Este ano, coma tódolos anos, celebramos toda a Comunidade Educativa o Samaín con actividades diversas: exposición de libros, magosto... e a presenza de Brais das hortas e os seus contos de defuntos.
Esta é unha pequeniña mostra do que fixemos