BAIOLENDO SUPERA EXPECTATIVAS NO SEGUNDO TRIMESTRE

Malia as máscaras, o distanciamento e demais restricións que nos impón a pandemia, cumprimos co obxectivo de gozar coa lectura e de compartir impresións sobre os libros lidos.

Os libros ao redor dos cales nos reunimos foron: A casiña azul, de Sandra Comino (1º da ESO), Berta Mir detective. O caso do chantaxista roibo, de Jordi Sierra i Fabra (3º da ESO),  O que sei do silencio, de Andrea Maceiras (3º da ESO)Los diarios de Adán y Eva, de Mark Twain (4º da ESO), Nubes de evolución, de Andrea Maceiras (4º da ESO) , A sociedade literaria e do pastel de pataca de Guernsey, de Mary Ann Shaffer (1º de Bacharelato) e A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban Domínguez (1º de Bacheralto).
























Día da poesía: Obradoiro de poesía e marcapáxinas

                    Obradoiro de poesía e marcapáxinas.

Para celebrar o Día da Poesía dende a Biblioteca realizamos un obradoiro no que se leu poesía e se realizaron marcapáxinas cuxos protagonistas foron os alumnos e as alumnas de 1º e 2º da ESO que se converteron en poetas invisibles!
Velaquí un vídeo de como se foi desenvolvendo todo.
Cada día o alumnado nos sorprende máis! 
Será que aínda non perdemos a nosa capacidade de sorpresa? 😍



ENTREGA DO PREMIO DO CONCURSO PASAPALABRA CIENTÍFICO

 Hoxe entregamos o premio ao gañador do concurso "Pasapalabra da Ciencia en Feminino" organizado polo Club de Ciencias en colaboración coa Biblioteca. 

O premiado levou un bono-regalo para gastar na cafetería do noso instituto. 😃

Parabéns Samuel! 😁




FÍO MUSICAL 15 DE MARZO

  A música que soará durante as próximas dúas semanas será a seguinte:




RECUNCHO REFRANEIRO

  Esta semana o noso recuncho refraneiro está adicado a estación que está a piques de comezar 💦🌞🍀

😃😃😃Esperamos que vos gusten 😃😃😃



TRABALLAMOS A EXPOSICIÓN MULLERES GALEGAS NA HISTORIA




 Con motivo de traballar a exposición Mulleres Galegas na Historia, dende a nosa Biblioteca elaboramos este  cuestionario posto á disposición dos titores e titoras do noso centro, para abordar esta actividade  co seu alumnado.





EXPOSICIÓN MULLERES GALEGAS NA HISTORIA

A exposición Mulleres Galegas na Historia chega ao IES Maximino Romero de Lema da man da Deputación Provincial de Pontevedra, onde permanecerá desde o 8 de marzo ata o 26 de marzo. O acto encádrase dentro das actividades docentes destinadas a reivindicar o 8M.

A súa feitura permitiranos a docentes e alumnado desfacer as persistentes olladas con prexuízos, estereotipadas ou reducionistas que aínda envolven ás mulleres neste século XXI. Só co coñecemento e coa pedagoxía crítica seremos quen de coñecer o valoroso labor das 17 mulleres que nos presentan os dez paneis que compoñen a Exposición. Moitas aínda merecen estudos rigorosos ao mesmo tempo que divulgativos para a que a sociedade galega as coñeza. Claro está que Rosalía de Castro é ben coñecida, pero non acontece o mesmo con todas; por exemplo, María Casares foi unha afamada actriz de teatro e cine en Francia, mais case descoñecida na súa terra de nacemento.

17 mulleres que tecen unha ponte simbólica co 17 de maio, día fundamental para as nosas letras, se pensamos que Xela Arias, a homenaxeada deste ano 2021 forma parte dos paneis informativos.

17 mulleres que son unha pequena mostra da necesidade de recuperar do esquecemento a memoria de mulleres que enriqueceron a política, a arte ou a cultura de Galicia. Ademais das mencionadas con anterioridade, poderemos achegarnos aos feitos esenciais da espía cantada polo Rei Afonso X o Sabio, a soldadeira María Balteira; de mulleres con poder na sociedade medieval galega como Inés de Castro ou de fazañas recordadas como María Castaña e María Pita; de mulleres que ergueron a bandeira da emancipación e dos dereitos da muller como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Filomena Dato; da resistencia de María Soliña procesada por ser bruxa; das expresións artísticas da Bela Otero, de Maruja Mallo, de María Antonia Dans ou Julia Minguillón; do compromiso pedagóxico da mestra Ernestina Otero ou do político da comunista Enriqueta Otero.






MURAL "AS NOSAS MULLERES" 8 DE MARZO

PARA ELAS E POR ELAS


  Mulleres do común, mulleres do cotián, son elas as que crean as condicións para unha sociedade mellor. Orgullosas e reivindicativas co seu exemplo cotián de dignidade. Por iso parte do alumnado de 3º e 4º da ESO homenaxeou as mulleres que forman parte das súas vidas, esas mulleres necesarias e valentes, que en moitas ocasións viviron circunstancias moi pouco favorables, pero, aínda así souberon saír sempre adiante con dignidade. Para elas e por elas fixemos unha exposición con fotografías cedidas polos rapaces e rapazas.




 

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO #NamórateCoaPoesía

Hoxe entregamos os premios aos gañadores e gañadoras do concurso #NamórateCoaPoesía organizado pola Biblioteca.

Parabéns aos premiados e premiadas polas vosas fermosas poesías.

Helena Vázquez Espasandín (1º ESO)

María Calvo Rojo (3º ESO A)

Lucas Rama Camino (1º BACH A)







POESÍAS GAÑADORAS DO CONCURSO #NAMÓRATECOAPOESÍA

 O Equipo da Biblioteca elixiu as poesías gañadoras do concurso #NamórateCoaPoesía.

Establecéronse premios en 3 categorías.

Na categoría de 1º ciclo da ESO a poesía gañadora é "Un paraíso contigo" de Helena Vázquez Espasandín (1º ESO)

Na categoría de 2º ciclo da ESO a poesía gañadora é "O amor" de María Calvo Rojo (3º ESO A)

Na categoría de Bacharelato a poesía gañadora é "Poema sobre o amor" de Lucas Rama Camino (1º BACH A)

Os premiados e premiadas poderán recoller o seu premio o xoves no 1º recreo na biblioteca.

NORABOA!








FÍO MUSICAL 1 DE MARZO

  A música que soará durante as próximas dúas semanas será a seguinte: