Comezamos o xaneiro cunha nova pequena mostra dos alimentos de tempada da contorna . Acompañamos a mostra coa pílula informativa que nos axuda a reflexionar sobre o noso consumo de produtos frescos:
PODCAST CONTRA O DISCURSO DO ODIO RACISTA
reflexionar a parte do alumnado de 1º Bacharelato sobre o discurso de odio racista. Comezou
evidenciando como nos medios de comunicacion e nas redes sociais se difunden estereotipos e prexuízos que dificultan a vida das persoas migrantes e racializadas. Tamén afondou nos motivos do avance do discurso de odio nos últimos anos e en por que os algoritmos das redes socias priorizan contidos que xeran odio con respecto a outras persoas. Escoitamos as vivencias de varias persoas migrantes e racializadas que viven en Galicia para intentar entender o que significa convivir diariamente co discurso de odio, tanto nas redes como fora delas, centrándose especialmente en como foi a súa etapa educativa.
Na segunda parte do obradoiro foi o alumnado quen tomou a palabra para denunciar esta situación a través realización e posterior gravación de podcast nos que eles e elas dan as súas propostas para contrarrestar o discurso de odio.
Velaquí as cuñas radiofónicas para que poidades escoitalas.
PODCAST POLA IGUALDADE DE XÉNERO
Os e as estudantes puideron coñecer que é o discurso do odio e cando este pode acabar sendo un delito. Reflexionaron sobre os límites da liberdade de expresión cando chocan de fronte co odio e debateron ao respecto. Ademais, a través da análise de titulares de noticias e campañas publicitarias de actualidade así como de publicacións en redes sociais, puideron evidenciar no tratamento mediático que se lle dá a sucesos relacionados con mulleres, como ese discurso do odio lles afecta especialmente buscando a súa discriminación.
A continuación o alumnado dividido en pequenos grupos creou cuñas radiofónicas que gravaron na mesma sesión e nas que reflectiron o seu sentir sobre o tema tratado.
Aquí vos deixamos as cuñas para que poidades escoitalas.
É esta unha iniciativa máis de promoción da igualdade de xénero que se levan a cabo no Centro.
ENTREVISTA EN RADIO BAIO AO CLUB VÍA LÁCTEA
Probablemente viras a alguén pola rúa ou polo parque camiñando cuns bastóns e pensarías que era un pouco estraño. Pero esa xente está practicando un deporte que se chama Marcha Nórdica. E aínda que parece sinxelo…. Resultou ser máis difícil do esperado e onde traballas a musculatura de todo o corpo!!
A marcha nórdica consiste en camiñar de maneira natural á vez que empregamos uns bastóns que nos axudan a impulsarnos coa axuda do balanceo dos brazos. Coa camiñata nórdica exercitamos o 90 por cento dos músculos do corpo. É apta para calquera persoa sexa cal sexa a súa forma física ou idade.
O alumnado do noso instituto tivo a sorte de poder ter un primeiro contacto con ese deporte gracias ao Club Vía Láctea.
En Radio Baio, a nosa emisora de Radio na Biblio, entrevistamos ás membros do Club Vía Láctea que nos acompañaron.
Velaquí o enlace do audio dunha pequena entrevista que lle fixeron algúns alumnos/as de 1º bacharelato.
OBRADOIRO PONTE NAS ONDAS
Esta programa podemos escoitalo no seguinte enlace.
Pola tarde foi a quenda do profesorado, que guiados de novo por Damián Alonso, permitiunos iniciarnos no marabilloso mundo da radio.
Tanto para o alumnado como para o profesorado, este obradoiro axudounos a “perderlle o medo” á radio, espertando a nosa curiosidade, creatividade.. e, quizais tamén, a vocación cara a este medio de comunicación no futuro.
ENTROIDO EN RADIO BAIO
Hoxe presentamos en “Radio Baio” a Laura e Alicia, de 2º da ESO membros do Club de Lectura, que nos achegan información e curiosidades sobre o Entroido en Galicia, unha das maiores riquezas do noso patrimonio etnográfico e cultural, que nos permite amosar o mellor da nosa terra. 🎭
27 DE NOVEMBRO, DÍA DO DOCENTE
Para conmemorar o Día do Docente e, como unha pequena homenaxe a todo o persoal docente que pasou e que está agora no noso Centro, Xaquín, Helena e Alicia de 4º ESO entrevistaron a Ricardo Vigueret.
Ricardo foi profesor no IES Maximino Romero de Lema ata o pasado mes de xuño, momento no que se xubilou, poñendo fin a unha longa traxectoria dedicada ao ensino.
Con esta iniciativa centrada na figura de Ricardo, un exemplo a seguir, queremos amosar o noso recoñecemento e gratitude a todos/as os/as profesionais do ensino que pasaron polo noso instituto ao longo de case 30 anos, e que deixaron unha forte pegada tanto no alumnado coma en nós.
Non esquezamos a frase de Nelson Mandela: “ A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo”.
Neste enlace pódese escoitar a entrevista realizada a Ricardo, a quen lle agradecemos a súa disposición e colaboración:
https://drive.google.com/file/d/13P5G-AfzPLOlFr96kN9MKMQRa8TgSACX/view?pli=1 .





