TALLER TAUMÁTROPOS

 Hoxe no primeiro recreo realizamos o taller de taumátropos do Samaín en colaboración co departamento de matemáticas.

A profesora Luchy ensinounos a facer diferentes figuras de ilusión óptica, vampiros, bruxas, esqueletos...

QUE MEDO!!!










CABAZAS ORIXINAIS DO SAMAÍN


 O noso alumnado e profesorado fíxonos chegar unhas fotografías de cabazas moi orixinais e terrórificas.

Esperamos que vos gusten👻👺👹








AS LENDAS DO SAMAÍN

 Hoxe celebramos o Samaín co alumnado de 1º da ESO e convertemos a biblioteca nun escenario terrorífico.


Todos e todas trouxeron pensadas da casa lendas de medo que lles contaron as súas familias.

A Santa Compaña e os defuntos estiveron moi presentes en todas elas...polo que pasamos moito medo!!

Ademais, tamén lemos o conto "O noso Samaín" para coñecer as orixes desta festa en Galicia.























A CASA DO SAMAÍN

 O Samaín xa chegou e veu cargado cunha serie de libros de medo que podedes ver dentro da nosa casiña.

Alguén se atreve a coller un?








TALLER TAUMÁTROPOS DO SAMAÍN


 

VOLUNTARIAS NA CASA DO SAMÁIN

 As nosas voluntarias axudaron a facer esta casiña tan terrorífica para o Samaín.

Que medo!!!





24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O domingo 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS, dende o Equipo da Biblioteca aproveitamos a ocasión para gravar co alumnado de 1º ESO un vídeo moi especial sobre a nosa biblioteca.

Como o lema deste ano é "A biblioteca ten a palabra" quixemos que o novo alumnado presentara e dera a coñecer un pouco máis como é, e o qué facemos na biblioteca do noso instituto.

Os nosos actores e actrices de 1º da ESO fixeron un traballo marabilloso no que presentan os recunchos da nosa biblioteca.

Parabéns polo traballo realizado!

Esperamos que vos guste 😉😉😉






Montse Fajardo explica con Invisibles a necesidade de rachar coa invisibilidade da violencia machista


            “Todas podemos ser vítimas da violencia machista”

 O IES Maximino Romero de Lema tivo a sorte de contar hoxe cunha visita moi especial, a da escritora Montse Fajardo, que intercambiou con nós reflexións arredor do seu libro Invisibles, que recolle o testemuño de oito vítimas de violencia machista. Un encontro que se encadra dentro dos actos que o centro realizará co gallo do 25 N, Día contra a violencia machista. 

 A autora iniciou o acto emocionada, segundo as súas propias palabras, pola sorpresa da elaboración dunha composición exposta na entrada e que para nós captaba o esencial do libro. Sentiuse conmovida tamén polo recibimento: entrou na sala, baixo o son da canción Matriarcas de Guadi Galego, e todo o alumnado e profesorado acudiu vestido de branco, simbolizando que o maltrato contra a muller é un problema de todos, de homes e mulleres. 

Despois da presentación realizada por dúas alumnas, tomou a palabra a autora e foinos explicando a orixe do libro e o que supuxo para cada muller revivir cadansúa historia segundo lla ían relatando. Fixo un percorrido polas diferentes realidades das protagonistas subliñando aspectos particulares así como o que as une: a dor das vítimas, que na maioría dos casos non son conscientes de selo, das consecuencias nos seus familiares, especialmente nos fillos e fillas; o papel da sociedade que non dá a resposta agardada; os propios corpos de seguridade que non sempre oen as chamadas de socorro... 

A escritora insistiu na afirmación de que non hai un perfil de vítima, de que a invisibilidade afecta tanto ás afectadas coma aos maltratadores.

 O alumnado interviu formulándolle cuestións e reflexións que lle suscitara a lectura do libro. Finalmente, o acto rematou cunha foto de grupo e sinaturas de exemplares. Houbo mesmo ocasión para algunha consideración emocionada dalgunha alumna debido ás situacións relatadas.

 Agradecemos ao Concello de Zas a xenerosidade na realización deste acto, co que iniciamos os actos previstos no noso centro para a conmemoración do 25 de novembro, data que deixará de ser necesaria cando as mulleres deixemos de morrer a mans de homes que son ou foron a nosa parella. Unha lacra cuxos números non deixan de escurecer o noso horizonte de liberdade e de vivirmos sen medo. Cómpre seguirmos na tarefa de educar en igualdade e concienciar ás futuras xeracións para podermos avanzar mulleres e homes e acadarmos unha sociedade máis xusta.