Amosando publicacións coa etiqueta PEGADA CERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PEGADA CERO. Amosar todas as publicacións

DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: XUÑO

                                                    


 Pílula informativa mes de xuño: 

    Neste mes de xuño a pírula informativa que queremos compartir para continuar coa nosa reflexión sobre o consumo responsable de produtos frescos e de proximidade é un consello.

       Consello para reducir a pegada ecolóxica alimentaria mediante a proximidade:

  • De haber posibilidade, cultiva os teus propios alimentos, que fará que cheguemos a unha pegada ecolóxica 0.
    En resumo, consumir alimentos de proximidade é unha forma excelente de reducir a túa pegada ecolóxica, apoiar a economía local e gozar de produtos máis frescos e nutritivos.













DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: MAIO

                                                  



   Pílula informativa mes de maio:

    Neste mes de maio a pírula informativa que queremos compartir para continuar coa nosa reflexión sobre o consumo responsable de produtos frescos e de proximidade é un consello.

   Consello para reducir a pegada ecolóxica alimentaria mediante a proximidade:

  • Consume produtos de tempada que teñen menor pegada ecolóxica porque son máis fáciles de cultivar sen o uso de invernadoiros ou tecnoloxías de conservación custosas en enerxía.






DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: ABRIL




Pílula informativa mes de abril:

    Neste mes de abril a pírula informativa que queremos compartir para continuar coa nosa reflexión sobre o consumo responsable de produtos frescos e de proximidade é un consello.

   Consellos para reducir a pegada ecolóxica alimentaria mediante a proximidade:

  • Compra en mercados locais e adquire produtos frescos e de tempada.

  • Opta por produtos frescos, que adoitan ter unha menor pegada ecolóxica en lugar de procesados e envasados, que requiren enerxía adicional para a súa produción e embalaxe.




 










DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: MARZO

 


Pílula informativa mes de marzo:

    Neste mes de marzo a pírula informativa que queremos compartir para continuar coa nosa reflexión sobre o consumo responsable de produtos frescos e de proximidade é a seguinte.

    Mellor sabor e calidade nutricional: Os alimentos locais adoitan estar no seu punto óptimo de madureza o que se traduce nun maior sabor e calidade nutricional.










DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: FEBREIRO

 


 Pílula informativa mes de febreiro:

    Neste mes de febreiro, ás portas xa do entroido, compartimos a nosa seguinte pírula informativa, e así dar continuidade á nosa reflexión sobre o consumo de produtos frescos e de proximidade.

    Menos desperdicio de alimento: Ao consumir produtos locais é máis probable que os alimentos sexan máis frescos e teñan unha vida útil máis curta. Isto pode levar a ter menos desperdicio porque os consumidores son máis conscientes da necesidade de consumilos rapidamente.









DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: XANEIRO


 Pílula informativa mes de xaneiro:

Comezamos o xaneiro cunha nova pequena mostra dos alimentos de tempada da contorna . Acompañamos a mostra coa pílula informativa que nos axuda a reflexionar sobre o noso consumo de produtos frescos:

Apoio á economía local: Comprar produtos locais fomentan a economía da rexión, apoiando aos agricultores e produtores locais, o que tamén pode promover a biodiversidade agrícola e a preservación dos ecosistemas locais.












DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: DECEMBRO

 

Pílula informativa mes de decembro:

Velaquí vos deixamos  unha pequena mostra de alimentos frescos que se producen na nosa contorna no mes de decembro cos que podemos axudar a acadar unha menor pegada ecolóxica ao reducir os custos ambientais. Ademais vai acompañada dunha nova pílula informativa para que todos e todas reflexionemos sobre esta cuestión:

Uso eficiente de recursos: Os alimentos locais están na súa tempada óptima, o que implica que se cultivaron en condicións máis naturais e eficientes. Iso evita o uso excesivo de enerxía, pesticidas e fertilizantes que se empregan a miúdo para producir alimentos fóra de tempada ou en condicións non ideais.