O caderno de Ánxela. Club de Lectura 1º ESO


    O Club de Lectura de 1º ESO leu o libro  O caderno de Ánxela escrito pola autora Raquel Ricart Leal( Valencia, 1962) entrou na lista White Raven que recoñece os mellores libros infantís do mundo en 2012.

    A historia lévanos á vida dunha rapaza adoptada de orixe chinesa quen, polo seu aniversario, vai recibir un caderno como agasallo. A través das súas anotacións iremos asistindo á súa vida, pero tamén ás súas reflexións sobre o difícil que é ás veces vivir, relacionarse coa familia, integrarse nun mundo que pode ser estraño...

    Desta lectura fixemos ademáis actividades de comprensión lectora escrita para comprobar que o alumnado melloraba a súa competencia lingüística.