Este venres 15 de decembro, os nosos correspondentes xuvenís de 1º de Bacharelato participaron no Encontro que tivo lugar en Sada, de xeito simultáneo celebrouse outro encontro en Mondaríz-Balneario e en Allariz, no que participaron ao redor de 300 correspondentes doutros Centros Educativos.
Foi unha xornada moi intensa, pero enriquecedora, onde poidemos compartir as nosas experiencias e recibir formación na xornada da mañá relativa a: O do manexo das redes sociais e comunicación, Desinformación e Intelixencia Artificial e, Oratoria.
Na xornada da tard,e por grupos, elaboramos un traballo relacionado coa formación recibida e a continuación procedemos a súa exposición.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez agasallounos coa súa presenza poñendo o broche final á xornada e animounos a continuar con este labor de ser transmisores de información tan importante para a xuventude.