Amosando publicacións coa etiqueta 24 de outubro. Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 24 de outubro. Día das Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións

XOGO DE ADIVIÑAS LITERARIAS

 Serías capaz das recoñecer o autor de grandes obras da literatura galega a partir

da escoita dun fragmento?

Na biblioteca do IES Maximino Romero de Lema lanzamos neste Día das

Bibliotecas o noso último proxecto Adiviñas literarias. Durante as últimas semanas

estivemos gravando a rapaces e rapazas lendo anacos de libros representativos da

literatura galega. En colaboración con Velo do Departamento de Tecnoloxía

programamos un xogo interactivo que nos invita a recoñecer o autor de cada texto a

través da escoita dun audio. Prestando atención aos detalles Marta Diz do Departamento

de Informática encargouse de dar forma de libro ao brazalete que nos permite conectar

cada texto co seu autor. Un traballo colaborativo que tivo como froito un xogo á vez

divertido e didáctico. Vén a biblioteca e atrévete a poñer a proba os teus coñecementos

da nosa cultura.

Xoga con nós!













ENTREGA DE DIPLOMAS DO VOLUNTARIADO POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Tamén celebramos o Día das Bibliotecas entregando os diplomas acreditativos do alumnado adscrito ao programa de voluntariado da biblioteca do curso pasado. 




ENTREGA DE PREMIOS "O MEU LIBRO FAVORITO 2024 GALICIA"

 O MAXIMINO ROMERO DE LEMA GAÑADOR

NOS PREMIOS O MEU LIBRO FAVORITO 2024 GALICIA

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas e, consideramos que era a data

idónea para entregar os premios ao gañador e ás gañadoras do noso Centro do concurso O

meu libro favorito 2024 Galicia convocado pola Consellería de Cultura, Educación,

Formación e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación José Manuel Lara froito do

convenio que manteñen ambas as institucións.

Este certame, destinado ao alumnado de secundaria, ten como obxectivo fomentar a

lectura entre a mocidade a través da escritura dunha pequena reflexión na que comentan cal é

ou foi o seu libro preferido e ten dúas categorías: unha en lingua galega e outra en lingua

castelán. Presentaba como novidade nesta edición a modalidade de podcast, tanto en castelán

como en galego, e foi xusto nesta na que destacou o noso alumnado: conseguiron compartir

de xeito emocionante e creativo as ideas que lle suxería o libro escollido.

En lingua castelá Henri Chie Sa Amorim de 2º ESO acadou o premio co podcast

“Padre rico, padre pobre” e na modalidade en galego, lográrono as alumnas Paula Lema

Paz, Ledicia Vázquez Castiñeira e Sabela Lema Caamaño de 3º ESO polo seu traballo

conxunto sobre “A historia de Sara”. Ambos os traballos foron guiados por Adriana Varela

Vázquez, profesora que formou parte do Equipo da Biblioteca no pasado curso.

No mes de xuño foi cando o xurado deu a coñecer os premiados e, a principios deste

curso enviáronos ao centro os premios acadados que hoxe entregamos e demos a coñecer. O

alumno e as alumnas recibiron cadanseu dispositivo electrónico de audio e son. Á profesora,

polo seu labor de incentivar a actividade, unha tarxeta regalo da Casa do Libro (valorada en

50 euros) e para o centro educativo recibimos un lote de libros, dotación da Consellería de

Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

O fomento da lectura é o obxectivo esencial de calquera biblioteca e a nosa non é

unha excepción e facémolo especialmente desde o Club de Lectura, como queda reflectido neste gran premio. Unha tarefa que vai máis alá da habilidade de saber ler e que pretende un

mellor achegamento ao mundo do libro e á formación de lectores. Por iso dende a Biblioteca

Escolar seguiremos a animar na participación en vindeiras edicións.






VOLUNTARIOS TRABALLANDO NO SAMAÍN

 Os voluntarios da biblioteca xa comezaron a traballar preparando o Samaín. Están debuxando un mural terrorífico!






24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares




ENCONTRO LITERARIO CON LOLA RONTANO

O mércores 23 de outubro a profesora de Francés do IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas) Lola Rontano, presentou perante o alumnado de 1º de Bacharelato o libro Austroatlántica, obra coa que gañou o XXX Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lengua Castellana, 2018. O venres 25 de outubro fará a súa presentación co alumnado de 2º de Bacharelato, en horario de 10:45-11:35 horas.
Dende o IES Maximino Romero de Lema transmitímoslle os nosos parabéns e animámola a seguir nesta senda de éxito.























24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro na Biblioteca do Instituto conmemoramos o día das Bibliotecas Escolares baixo o lema: Bibliotecas Escolares. Viveiro de cidadanía cun obradoiro dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO a cargo da Libraría AENEA de Santiago, onde Lola se encargou de acercarnos dun xeito moi ameno ao mundo dos libros.