IV MES DO LIBRO

      IV MES DO LIBRO NA BIBLIOTECA DO IES MAXIMINO DE BAIO

A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema de Zas celebrará, co inicio da primavera, a cuarta edición do Mes do Libro durante todo o mes do abril. O alumnado terá oportunidade de escoitar a escritores premiados como Héctor Cajaraville (que compartirá as súas reflexións sobre Denébola, a Roxa) ou Arantza Portabales (que nos falará das peripecias dos detectives Abad e Barroso en A vida secreta de Úrsula Bas), e a escritores máis novos e que comezan a ser coñecidos como Nee Barros, que virá comentar o libro Identidade, e a ilustradora e autora, Laura Suárez, que ilumina mitos e lendas que teñen como escenario máxico o Monte Pindo ou á ilustradora Sofía Fondo coñecida pola ilustración que acompañou ás Tanxugueiras. En definitiva, un programa que permitirá ao alumnado somerxerse no mundo do libro e da lectura.




PIONEIRAS DA MÚSICA UNIVERSAL

 

PIONEIRAS DA MÚSICA UNIVERSAL

Na primeira quincena deste mes dende a Biblioteca rendiamos homenaxe a oito cantantes galegas do noso panorama musical; agora, nesta segunda, traspasamos fronteiras e visibilizamos a mulleres do ámbito musical internacional que romperon moldes, cada unha no seu estilo e en diversos terreos musicais: Rosseta Tharper, Patti Smith, Nina Simón, Joni Mitchell, Tina Turner, Delia Derbyshire e Kaki King.

Sete mulleres que revolucionaron a historia da música e que son as protagonistas da nova mostra que acollemos para continuar coa celebración do 8M. Esta exposición foi cedida, unha vez máis, pola Asociación Visibles que continúa co seu labor de valorizar o papel das mulleres en distintos ámbitos dentro a sociedade.



1º ESO: A Señorita Bubble. Baixo cero


 

O alumnado do Club De Lectura de 3º da ESO recomenda os libros Mentira e Verdade, de care Santos

 



Estes libros recomendámolos porque ao lelo sentímonos moi identificados cos sentimentos e emocións que os protagonistas compartiron con nós.. Xenia, unha rapaza que se namora dun rapaz que coñece por Internet e co que comparte a súa paixón pola lectura. O suceso que provocou o seu ingreso, transcende finalmente como unha mentira, resultando tamén un engano a vida ficticia que lle conta e finxe levar el. Estas novelas manifestarannos o amor incondicional, sen prexuízos; a mestura da evolución, o perdón, a humildade, o altruísmo, a xustiza, a integridade e a superación.

Estes libros atrapáronnos desde o principio, e imos ler Medo.

IV MES DO LIBRO

                               IV MES DO LIBRO 

Xa temos o cartel oficial do IV Mes do libro do IES Maximino Romero de Lema. Teremos o pracer de contar con todos estes escritor@s e ilustradoras ao longo deste mes 📚

                              En abril libros mil! 😊



CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE COCIÑA SAUDABLE

 Queres gañar unha cesta de produtos saudables? Participa no concurso de fotografía de comida saudable do noso Centro, comparte as túas receitas e poderás conseguir mel de Lugo, queixo de San Simón, fabas de Lourenzá, conservas de Cariño, torta de millo de Guitiriz e algunhas delicias máis. 

                         Animádevos a participar!



CLUB DE LECTURA PRIMEIRO DE BACHARELATO

  O alumnado do club de lectura de 1º de Bacharelato rematou de ler o libro de "Beleza vermella” de Arantza Portabales. Fotagrafiamos a todo o grupo coa escritora na visita que esta tivo no noso Centro polo IV Mes Do Libro.




CLUB DE LECTURA TERCEIRO DA ESO

  O alumnado do club de lectura de 3º da ESO leu dous libros de Care Santes nesta segunda avaliación; “Mentira” e “Verdade”. Encantáronlles e engancháronlles, seguirán lendo a trama.



CLUB DE LECTURA DE FP BÁSICA

 O alumnado do club de lectura de FP Básica rematou de ler o libro de "A afogada” de Rocío Leira. Fotagrafiamos a todo o grupo cunha imaxe da praia de Riazor ao fondo, un lugar mói característico nesta obra. 






CLUB DE LECTURA 4º DA ESO

 O alumnado do club de lectura de 4º da ESO rematou de ler o libro de "A vida secreta de Úrsula Bas” de Arantza Portabales. Fotagrafiamos a todo o grupo cunha pancarta, simulando que están buscando a escritora desaparecida.

                   😊😊😊ENCANTOULLES😊😊😊




O alumnado de 1º de Bacharelato e Ciclo Medio recomenda a lectura de Beleza Vermella, de Arantza Portabales



 

É unha novela negra que atrapa dende o comezo, porque que todos os personaxes son sospeitosos e con cada capítulo só desconfías máis deles. Ten unha trama moi interesante onde se manifestan moitos problemas da sociedade actual, con personaxes con problemas reais e sentimentos cos que te podes identificar. Ademais, o final foi un final moi impredicible que te deixa con moitas preguntas (as cales resolveu despois a escrituras poñendo un capítulo de cada personaxe). Quedamos abraiados e encantados coa lectura e coa parella de policías Abad e Barroso. Animámosvos a que leades este libro.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “SEN ELAS NON HAI MÚSICA”

 Neste día 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, quixemos dende a Biblioteca dar  visibilidade a mulleres que loitaron e loitan por dar un espazo á voz das mulleres no panorama musical galego:  Ana Kiro, Uxía, Mercedes Peón, Guadí Galego, Susana Seivane, Cristina Pato, Sés e Tanxugueiras son as figuras femininas nas que se centra a mostra que podemos visitar dende o pasado xoves e ata o próximo día 18 de marzo.

 

Esta constituída por  oito carteis coa fotografía e un breve texto explicativo sobre a  faceta musical da homenaxeada. Foi cedida pola Asociación Visibles que loita por unha sociedade libre e igualitaria con iniciativas tan plausibles coma esta na que sensibilización e educación van da man.




EXPOSICIÓN "MULLERES GALEGAS NA HISTORIA"

 A Biblioteca colaborou coa mteria de Igualdade de Xénero, nesta exposición na que o alumnado de 2º Bacharelato  elaborou unha mostra que recolle algunhas das mulleres máis significativas da historia de Galicia.

Nesta exposición, que está colocada no primeiro andar do Centro, podemos achegarnos e coñecer algúns datos de mulleres tan relevantes e da talla de Rosalía de Castro, Concepción Arenal, María Castaña, Elisa e Marcela, M.ª Xosé Queizán, Asunción Antelo, Elena Piñeiro, Maruja Mallo, as Marías.




EXPOSICIÓN DÍA DA MULLER

 Dende a Biblioteca, conmemoramos o Día da Muller con esta exposición de libros, películas e música, colocada no noso corredor principal.









OBRADOIRO CREATIVO DE CHAPAS DO DÍA DA MULLER

 Hoxe na Biblioteca, tivemos no primeiro e segundo recreo o obradoiro creativo de chapas para conmemorar o Día da Muller, en colaboración co Departamento de Matemáticas.

En cada chapa loce o debuxo de María Josefa Wonenburger, a primeira muller matemática española en recibir a bolsa Fullbright.













OBRADOIRO DÍA DA MULLER

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller, e dende a nosa Biblioteca, realizaremos un obradoiro creativo de chapas, en colaboración co Departamento de Matemáticas.
O taller será o día anterior, nos dous recreos, para así poñer as chapas o martes 8 de marzo.




 

FÍO MUSICAL MARZO

 

MARZO

Entrada da mañá: Matriarcas, de Guadi Galego

1º recreo: Espiña sen rosa, de SES

2º recreo: A herdanza do vento, de Ezetaerre

Entrada da tarde: E ti, só ti, de SES e el Diluvi