LIBROS LIDOS POLO CLUB DE LECTURA BAIOLENDO

Presentámosvos un vídeo constituído por fotografías que recollen a esencia dos libros lidos no Club de Lectura Baiolendo durante este curso académico. Lectura, fotografía, arte e reflexión mestúranse nesta actividade que se inclúe no Contrato Programa Innova de Fotografía que desenvolvemos durante todo o curso no noso Centro.



https://youtu.be/a_WzMoLr6Zg

Candorcas e unicornios, de María Canosa

Un dos libros que leu este curso o Club de Lectura de 1º da ESO  foi Candorcas e unicornios de María Canosa. Despois de compartir as reflexións sobre a lectura, decidiron crear un photocall -no que aparecen personaxes e símbolos importantes da novela- que aproveitaron para divertirse tirando fotos e  facer recomendacións do libro. Unha actividade que serviu para profundar no significado e goce do libro e, que se inclúe no Contrato Programa Innova de Fotografía que levamos a cabo no noso Centro.



https://www.youtube.com/watch?v=qsBDG3vCyGM



CLAUSURA DOS CLUBS DE LECTURA

 Hoxe clausuramos os diferentes Clubs de Lectura invitando ao alumnado participante a unha gran merenda conxunta.

 Para o ano seguimos!



















CLAUSURA CLUB DE LECTURA DE 4º DE ESO

 Hoxe clausuramos o Club de Lectura de 4º de ESO. Para o ano máis!



RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Estas son algunhas das nosas recomendaciós lectoras para o verán 📚🌞🏖

O Equipo da Biblioteca deséxavos un bo verán 🌞🏖😊



MOITAS GRAZAS VOLUNTARI@S

 Hoxe tivemos a clausura co grupo de voluntari@s que este ano formaron parte da nosa Biblioteca. 

Preparámoslles unha merenda e entregámoslles un agasallo a cada un agradecendo todo o traballo que fixeron durante este curso.

MOITAS GRAZAS VOLUNTARI@OS









CLAUSURA CLUB DE LECTURA DE FRANCÉS

 Hoxe clausuramos o Club de Lectura de Francés. Para o ano máis!



FÍO MUSICAL XUÑO

 

XUÑO

Entrada da mañá: María e a curuxa, de Xabier Díaz e

Antía Muíño

1º recreo: Monte Pindo, de Luar na Lubre

2º recreo: Pano Corado, de Tanxugueiras

Entrada da tarde: Pasodobles de Mallou e

Negreira, de Lume