CLUB DE LECTURA BAIOLENDO: CURSO 2020-21

 A lectura é na sociedade actual unha viaxe individual e solitaria.

Os Clubs de Lectura devólvennos ecos e voces durmidas. Con elas a lectura adquire unha faciana colectiva, de comunidade. Os libros espertan e cóntannos experiencias e expectativas sobre un mundo sempre complexo, sempre plural.



RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Pouco a pouco imos achegándonos ao final de curso. Por iso queremos compartir con vós as recomendacións lectoras para este verán e que poidades empretalas na biblioteca para facervos coas lecturas para este tempo de lecer.

🌞🌞🌞O Equipo da Biblioteca deséxavos un bo verán 🌞🌞🌞





BAIOLENDO DESPÍDESE DESTE CURSO

Os membros do Club de Lectura Baiolendo deséxavos un fresco e lector verán. 

Queremos compartir con vós a nosa ledicia por esta fascinante  andaina literaria percorrida durante todo o curso. 

Desde aquí lles agradecemos ás coordinadoras de todos os clubs este acompañamento literario, a súa ilusión e entusiasmo pola lectura que tan ben nos souberon contaxiar.

GRAZAS E BO VERÁN!!!









Club de Letras: O coidado e a memoria

Este proxecto, coordinado pola profesora do Departamento de Lingua Galega, Hortensia Román González, pon en relación dous eidos que, en demasiadas ocasións aparecen segregados: o do coidado e o da memoria. Non se trata só de converter as persoas en dependentes; precisamente moitas delas son depositarias dunha memoria, que hoxe corre serio risco de esmorecer para sempre. Memoria dos tempos do rural, memoria dunha forma de resistir e organizar a vida (emigración...).
Iniciamos o proxecto coa realización de entrevistas por parte do alumnado a persoas coidadoras e coidadas. Froito desta iniciativa contamos con oito vídeos  moi interesantes visionados polos discentes ao ser estes proxectados nas pantallas do Centro ao que lle seguiu un debate nas titorías.
Velaquí tedes os vídeos que esperamos vos acheguen á realidade do coidado das persoas na nosa sociedade.

1. Asumindo as situacións complexas con fortaleza



2. O círculo do amor e do coidado



3. Cen anos da vida de Carme



4. A dignidade das persoas dependentes


5. A coidadora coidada



6. Axudando a ser


7. Nas fendas da memoria das mulleres



8. Axudando na casa dende pequeno



ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "ANDAINA FOTOGRÁFICA"

 Hoxe entregamos os premios aos gañadores do concurso "Andaina fotográfica" no que participou o alumnado de 3º da ESO. 😁

⭐O 1º premio foi para María Calvo Rojo.

⭐O 2º premio levouno Alejandro Marcote Camafreita.

⭐E o 3º premio foi para María Amado Rodríguez.

Noraboa aos premiados e parabéns polas fermosas e orixinais fotografías 😀




CLAUSURA DO CLUB DE LECTURA DE 1º DE BACHARELATO

 Hoxe o Club de Lectura de 1º de Bacharelato finalizou as súas reunións conversando sobre o libro "A vida secreta de Úrsula Bas" de Arantza Portabeles. 

Ademais, aproveitaron para gozar dunha estupenda merenda e despedirse do club de lectura ata o vindeiro curso.

😄😄😄






PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2021


 Co gallo da celebración do Día do Libro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade , fai pública a Resolución de 23 de abril de 2021 pola que se recoñece a Eva Mejuto co Premio dos Clubs de Lectura 2021. 

 
No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”.   Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro(2018), María Reimóndez (2019) e Andrea Maceiras (2020).
 
Eva Mejuto é unha das autoras más seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego. Na súa web podemos coñecer toda a súa traxectoria e todos os seus libros. Dous dos seus títulos, Memoria do silencio e 22 segundos están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2019/2020

Fai un selfie con Rosalía de Castro

 De todas as actividades que realizou este ano a Biblioteca do IES Maximino Romero, a que máis ilusión nos fixo, sen dúbida ningunha, foi a visita de Rosalía de Castro co motivo da celebración do Día de Rosalía.

O alumnado gozou da especial viaxe a través do tempo e puido entender a relevancia da  nosa autora máis recoñecida e regalarlle un selfi á poeta do Sar. Velaquí tendes o álbum para a lembranza de tan extraordinaria invitada.


Grazas Rosalía!





Gañadores do concurso da ANDAINA FOTOGRÁFICA

 O  xurado conformado polos membros do Equipo da Biblioteca e do Departamento de Educación Física emitiu o seu fallo, tarefa que resultou ardua pola cantidade e calidade das fotografías que se presentaron.

Velaquí tedes as fotografías premiadas. Parabéns aos seus autores.

1º premio para... Maria Calvo



2º premio para... María Amado



3º premio para... Alejandro Marcote



Moitas grazas

A balada dos unicornios

 Este vídeo foi gravado nos primeiros meses do 2020, antes de que a COVID-19 se cruzara nas nosas vidas. Non deu tempo de realizar todas as escenas que pretendiamos, pero consideramos que este é bo momento para publicalo e seguir adiante. Tempo haberá de iniciar novos proxectos, agora que coa vacina xa se pode albiscar un regreso á normalidade.

Velaquí o booktrailer do libro A balada dos unicornios de Ledicia Costas que ten como protagonistas ás alumnas do Club de Lectura Baiolendo de 2º da ESO durante o curso escolar 2019-20.

Desexamos que vos guste!



Unha ollada cara ás nosas raíces: Pasado e presente fusiónanse mirando cara ao futuro

 O Equipo da Biblioteca colaborou co Departamento de Matemáticas na iniciativa tan orixinal que ten como protagonistas ás mulleres da exposición Nós somos elas da que gozamos no centro, xunto con   alumnos e alumnas.  

Son un monllo de fotografías nas que o pasado e presente se fusionaron mirando cara ao futuro

Velaquí tendes a exposición que está entrada do noso Centro.


Aquí vos deixamos o video onde podedes ver todas as fotografías.





ANDAINA FOTOGRÁFICA

 O alumnado de 3º da ESO realizamos unha ruta fotográfica organizada polo Departamento de Educación Física e polo Equipo da Biblioteca. O obxectivo era combinar deporte, paisaxe e fotografía. E… abofé que o conseguimos! Fixemos unha andaina gozando da paisaxe do tramo do río do Porto que vai dende a fermosísima Carballeira da Devesa de Baio ata case a área recreativa de Pedra Vixía, ao mesmo tempo que, inmortalizabamos a través das nosas cámaras fotográficas ou dos móbiles aqueles elementos da natureza que máis nos abraiaban. Xa enviamos as nosas fotos ao concurso convocado dende a Biblioteca que premiará as máis artísticas.

Aquí podedes ver unha pequena gran mostra do que nos envistes 😍



































GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTAS MARABILLOSAS FOTOS