O pasado mércores 29 de novembro, os correspondentes xuvenís do noso Centro recibiron formación impartida por un representante da Dirección Xeral de Xuventude para poder realizar o seu labor do xeito máis eficaz posible. Trataron o tema da información xuvenil, das fontes de información fiables, do consumo de información por parte da mocidade e do seu papel dentro do centro.
Lembremos que o equipo de correspondentes esta constituído por un total de 13 alumnos e alumnas de 1º Bacharelato, que se comprometeron a recoller a información que se lles envía dende distintas institucións, seleccionar a máis interesante e difundila entre o resto do alumnado a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, whatsapp, web do IES, taboleiro informativo... Tamén contarán entre as súas obrigas remitir a Xuventude información do seu centro ou concello que poida ser de interese para correspondentes doutros puntos de Galicia.
Esta formación complementarase o vindeiro venres ,15 de decembro, cunha xuntanza de todo un día con correspondentes doutros centros da provincia da Coruña no Albergue Xuvenil de Sada, onde recibirán formación sobre o contexto de desinformación (intelixencia artificial, redes sociais, manipulación mediática...), e formación sobre oratoria e ferramentas de comunicación verbal e non verbal.