Finaliza a campaña solidaria de recollida de alimentos no IES Maximino Romero de Lema
Durante o mes de decembro os correspondentes xuvenís en colaboración coa Biblioteca, desenvolveron unha campaña de recollida de alimentos co motivo do Nadal para repartir entre as familias necesitadas. A Comunidade Educativa demostrou a súa solidariedade cos máis desfavorecidos a través dos alimentos depositados na caixa que había na entrada, e finalmente hoxe fixéronlle entrega dos mesmos a Carme e a Paco, voluntarios de Cáritas, que foron os encargados de levalos á sede para o seu posterior reparto entre aqueles que máis o precisan.
Esta iniciativa tiña como obxectivo a sensibilización de todos e de todas nós nestes momentos de dificultade para moitas familias, pero tamén botar unha ollada crítica sobre a sociedade actual na que cada vez hai máis persoas con problemas para cubrir as súas necesidades básicas.
Imaxinemos un Nadal para todos e todas. É posible se todos e todas achegamos o noso gran de area.