A nosa biblioteca segue a desenvolver o programa de actividades para
conmemorar o VII Mes do Libro. Nesta ocasión realizando un roteiro por Gres, en Vila de Cruces,
onde se transcorre a infancia de Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego, cuxa
lectura emocionou ao alumnado de 3oESO.
A primeira parada obrigatoria foi a Fundación Xosé Neira Vilas, casa natal do autor que
hoxe alberga un museo etnográfico e unha biblioteca con dúas salas de lectura. Recibiunos
Chus, que nos explicou a creación da Fundación e achegounos interesante información sobre a
vida e a obra de Neiras Vilas así como da escritora Anisia Miranda, a súa muller. Coñecemos as
distintas dependencias nas que se conserva boa parte do legado cultural e artístico do
matrimonio e, antes de despedirnos, Chus moi amablemente agasallounos con varios libros
para a nosa biblioteca, entre eles o da novela gráfica de Memorias dun neno labrego.
Despois visitamos o cemiterio parroquial e, ante as tumbas de Pepe e Anisia, lemos un
anaco da novela e fixémoslles unha ofrenda floral. Antes de marchar, admiramos a arquitectura
da igrexa parroquial, situada no mesmo recinto.
A continuación fomos coñecer a Ponte Ledesma e a súa historia. Rematamos o noso
percorrido achegándonos ás Insuas de Gres, onde á parte de coñecer o o monolito dedicado ao
autor, tivemos tempo de gozar da natureza e de desconectar tras o duro período de exames. E
todo grazas á lectura dunha das novelas máis importantes da nosa literatura!