Pílula informativa mes de abril:
Neste mes de abril a pírula informativa que queremos compartir para continuar coa nosa reflexión sobre o consumo responsable de produtos frescos e de proximidade é un consello.
Consellos para reducir a pegada ecolóxica alimentaria mediante a proximidade:
Compra en mercados locais e adquire produtos frescos e de tempada.
Opta por produtos frescos, que adoitan ter unha menor pegada ecolóxica en lugar de procesados e envasados, que requiren enerxía adicional para a súa produción e embalaxe.