CONTAS DE BUXO DE RAQUEL FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

  


 
A lectura de Contas de buxo de Raquel Fernández foi, para o noso club, unha viaxe inesperada ás profundidades da memoria, da identidade e das emocións silenciadas. Ao principio pensabamos que sería simplemente unha novela con misterio, mais axiña descubrimos que era moito máis ca iso: era unha historia chea de capas, con personaxes que falan tanto co que din como co que agochan.

    Nos encontros do club debatemos sobre a importancia de lembrar, de preguntar, de non dar por feita a versión oficial das cousas. Tamén falamos da valentía das mulleres da novela, que resisten, que loitan, que buscan respostas. Moitas veces esquecemos o papel das mulleres na historia, e Contas de buxo recórdanolo con forza e sensibilidade.

    Opinión persoal de Miguel (4º ESO) sobre Contas de buxo:

    “Ao empezar Contas de buxo non tiña moi claro que me fose gustar. Pensei que ía ser unha desas novelas lentas, con moito pasado e pouca acción. Pero estaba equivocado. A historia enganchoume máis do que esperaba, sobre todo porque vai mesturando pouco a pouco os segredos da familia coa investigación da protagonista, e iso fixo que tivese ganas de seguir lendo para saber a verdade”.