María: Para min o Club de Escritura foi unha experiencia única, xa que nunca antes fora a un. Aínda que nun principio non me gustou moito, pois pensaba que iamos facer todos o mesmo, é dicir, escribir todos para o mesmo libro. Pero despois paseino bastante ben, xa que podía escribir o xénero que me gustaba. Ao final, a experiencia foi bonita e inesquecible, e seguramente se para o ano que ben o hai, apuntareime para seguir escribindo a miña propia historia.
Miguel: Para min o Club de Escritura foi unha experiencia positiva, xa que me axudou a aprender a expresar mellor as miñas ideas. O que menos me gustou foi que comezou demasiado tarde e non nos dou tempo a rematar o noso proxecto.
Enma e Henri: Aínda que este proxecto foi algo apresurado e innovador, debemos decir que estamos moi felices do resultado final, pois temos un grupo moi unido no cal nos axudamos mutuamente para mellorar; e tendo en conta os erros e o tempo que lle adicamos, pensamos que este Club cun pouco máis de apoio e adicación, pode chegar ata algo máis grande. Tentaremos organizarnos mellor o vindeiro curso.