Rematamos a nosa Andaina literaria este curso retomando a lectura dun clásico. Carmilla de Joseph Sheridan Le Fanu epublicado no ano 1872 e, ilustrado por Ana Juan para dar o salto a Adeline, última obra de María Solar.
Este achegamento á primeira obra onde a protagonista é unha vampiresa atrapounos desde o principio, foi todo un descubrimento. A lectura de Carmilla foi un acerto, xa que foi unha obra que nos engaiolou desde o principio e na que gozamos moito comentándoa nas reunións.
Clausuramos o curso reuníndonos para comer e falar das dúas obras.